Luns, 04 de Novembro de 2013

Non sei que lle pasa os políticos que unha vez que teñen un carguiño, se están casados, sepáranse.

Será que o roce  fai o cariño e polo seu traballo pasan moitas mais horas con persoas descoñecidas que ca súa propia familia. 

Parece ser  que o último caso é o da superdelegada da cidade das murallas, segundo din as malas linguas,  hai tempo que ela e a súa parella facían vidas separadas, agora parece  que é definitiva.

Compartir coa mesma persoa alboradas,  estreas e  lúa fai que se termine compartindo segredos e sentimentos.

Pois nada, agora que comparten relación laboral e familiar, solo queda desexarlles que sexan felices e coman perdices


Publicado por penadopico @ 8:12  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios