M?rcoles, 08 de Maio de 2013

Hai catro anos determinado personaxe lucense nomeárono director xeral (porque ninguén lles aceptaba o posto), hai unhas semanas cesárono. Realmente ese día festexeino, o personaxe chegou o cargo levándose por diante a aqueles coñecidos, foran traballadores ou non, que non eran afíns e os que coñecía, porque os que non coñecía no nos tocou.

Pura rebancha política, porque consideraba que esa xente  eran os responsables dos ceses das seus amigas "VAGAS E INCOMPETENTES".

Pero como di o refrán " a cada porquiño chégalle o seu san martiño" e a el pronto lle chegou, ademais non lle chegou solo se non que parece que sofre unha enfermidade grave, desto si que non me alegro, pero como se acostuma a dicir, a can fraco todo son pulgas.

Que fará agora este personaxe,  dedicarase a entrar e saír e tomar cafés e viños como acostumaba a facer antes ou intentará mandar mais que os que ten enriba dado que ben acostumado a mandar?  A solución en próximos capítulos.


Tags: porquiño, san martiño, politico, xunta, lucense

Publicado por penadopico @ 21:33  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios