M?rcoles, 10 de Abril de 2013

Parece ser que Feijoo, o presidene galego, era o único en todalas rias baixas que descoñecia que Dorado era un contrabandista e un posible narcotraficante nos anos noventa.

Feijoo foi sempre de impoluto, sobre el non pesaba nin unha soa mancha, pero os seus inimigos dentro do propio partido sacáronlle a luz o seu  pasado.

É verdade que naquela época el non militaba no PP, pero era o segunda de Romay Becaria,  o seu protexido,  o que a súa vez era un dos principales dirixentes do PP de Galicia, tanto é asi que con el se foi a Madrid levouno para dirixir o INSALUD  e logo Correos.

Feijoo pareciame unha persoa intelixente, seria, responsable, consecuente,  pero vexo que estaba trabucado, unha persoa intelixente con este pasado as costas sabe que antes ou despois ocupando un posto de responsabilidade, o pasado vai sair a luz e saiu da man dos seus inimigos.

Unha persoa intelixente nunca se poñeria no punto de mira como se puxo el, unha persoa intelixente nunca se presentaria a presidente da Xunta porque o pasado sempre aparece.

Feijoo estaba destacando demasiado en Madrid, aparecia ali un dia si e outro tamén, pero as fotos co narcotraficante cortaronlle as alas, Feijoo xa non pode darse a ver tanto en Madrid, os que lle tiñan envexa deixarono cas posadeiras o aire e agora xa non podera ser candidato a suceder a Rajoy, o pasado sempre estara ahí.

Feijoo non pode dar leccións a ninguén.


Tags: dorado, feijoo, narcotraficante, contrabandista, galicia, xunta

Publicado por penadopico @ 18:22  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios