M?rcoles, 26 de Setembro de 2012

Lugo leva un tempo de moda, cando non é polo tema das putas é polas corruptelas.

Agora saltou a  presunta corrupción do alcalde de Ourense, do de Boqueixón, do ex concelleiro socialista Liñares..., mais do mesmo, pasará o mesmo do Gürtel, do Camps, do Fabra e todo quedara en nada.

Que os políticos son corruptos? Si, claro foron e seranno sempre aínda que hoxe en día sexan menos. Cal é a orixe? Para min en España e por ende en Galicia: a financiación dos partidos e detrás, o seu propio beneficio.

Solución: que o financiamento dos partidos sexa público, que o que queira dar diñeiro a un partido que o dé,  así polo menos saberemos quen vai recibir os beneficios do partido o que votamos.

Ningún partido que teña poder esta limpo, todos estan pringados de merda PP, PSOE, CIU, PNV, BNG..., o que pasa que que uns tápanse os outros e o poder xudicial  mira para outro lado porque esta politizado.


Tags: corrupción, lugo, políticos, partidos, financiación

Publicado por penadopico @ 9:53  | politica
Comentarios (0)  | Enviar