Xoves, 26 de Xullo de 2012

Un concello como o de Ourol en Lugo con 1.152 habitantes, ten o seguinte persoal: 1 secretario. 2 administrativos dos que 1 é xefe se sección, 1 auxiliar administrativo, 1 arquitecto, 2 operarios de servizos múltiples, 1 traballador social, 3 limpadores, 12 auxiares de axuda a domicilio, 1 fisioterapeuta, 1 educador social, 2 operarios de servizos múltiples, 2 conductores, 1 inxeneiro de montes, 1 encargado de instalacións municipais, 1 técnico de servizos xerais, 1 animador sociocultural, 1 promotor de turismo, 1 bibliotecaria, 1 técnico de empleo local. É dicir nun concello de 1.152 habitantes ten empregados 37 persoas, mais o alcalde e concellais, dos concellais 1 ten dedicación exclusiva (será que esta no paro) e outro dedicación parcial , canta leita dá a vaca!!!

Este persoal custa o concello: 608.029,02 €, o concello recada en impostos directos: 573.745,50, é dicir ten un desfase de ingresos e gastos solo de persoal de 34.283,52 , enton con qué vai facer inversións? con que vai pagar os gastos de dietas, material oficina, material limpeza, mantemento edificios,...  con débeda e así chegamos a onde estamos, endebedados ata as orellas e afogados sen poder sair.

A ratio de funcionarios por habitantes é de 31, polo que cada funcionario ten que atender a 31 persoas, herniados deben estar de ter tanto traballo.

A desgraza nosa é que de tanto muxir a vaca agora estamos como estamos e estos politiquiños que temos leváronnos a ruina e non non van sacar dela porque seguen coas suas prevendas e o pobo que se foda.


Tags: concello, politicos, funcionarios, caciques, crise, debeda

Publicado por penadopico @ 9:23  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Martes, 24 de Xullo de 2012
Luns, 23 de Xullo de 2012

CRISE? CRISE? QUEN DIXO QUE NOS CONCELLOS DO PP HAI CRISE?

Estes son os soldos dalgúns dos seus alcaldes:

Concello de Avión (2.528 habitantes)

Antonio Montero: 37.520 €  (débeda do concello 600.000 &euroGui?o

Concello de San Cristovo de Cea (2.636 habitantes)

José L. Valladares 34.004 €

Concello de Irixoa (1.502 habitantes)

Antonio Deibe (media xornada) 19.600 €

Concello de Mos (14.942 habitantes)

Nidia Arévalo 48.678 €

Concello de Pontedeume (8.342 habitantes)

Gabriel Torrente  43.651 €

Concello de Ponteceso  (6.134 habitantes)

José Luis Fondo Aguiar 49.000 €

Concello de Celanova (5.906 habitantes)

Antonio Mouriño 63.300 € mais 7.900 € en dietas

Concello de Cangas (26.121 habitantes)

José Enrique Sotelo 46.298 €

Concello de Arteixo (30.482 habitantes)

Carlos Calvelo  55.834 €

Concello de Tui (17.236 habitantes)

Moisés Rodriguez  45.150 €

Concello de O Carballiño  (14.145 habitantes)

Argimiro Marmotes 40.444 €

Con esta pandilla de chupopteros (estes solo son algúns) como non ía entrar o estado na bancarrota.

Os responsables somos todos nós por permitírllelo,   en tempos de vacas gordas todos mamamos da teta e agora chegaron as vacas fracas e tirámonos dos pelos.


Tags: alcaldes, soldos, crise, galicia, PPg

Publicado por penadopico @ 20:48  | politica
Comentarios (0)  | Enviar