Xoves, 26 de Xullo de 2012

Un concello como o de Ourol en Lugo con 1.152 habitantes, ten o seguinte persoal: 1 secretario. 2 administrativos dos que 1 é xefe se sección, 1 auxiliar administrativo, 1 arquitecto, 2 operarios de servizos múltiples, 1 traballador social, 3 limpadores, 12 auxiares de axuda a domicilio, 1 fisioterapeuta, 1 educador social, 2 operarios de servizos múltiples, 2 conductores, 1 inxeneiro de montes, 1 encargado de instalacións municipais, 1 técnico de servizos xerais, 1 animador sociocultural, 1 promotor de turismo, 1 bibliotecaria, 1 técnico de empleo local. É dicir nun concello de 1.152 habitantes ten empregados 37 persoas, mais o alcalde e concellais, dos concellais 1 ten dedicación exclusiva (será que esta no paro) e outro dedicación parcial , canta leita dá a vaca!!!

Este persoal custa o concello: 608.029,02 €, o concello recada en impostos directos: 573.745,50, é dicir ten un desfase de ingresos e gastos solo de persoal de 34.283,52 , enton con qué vai facer inversións? con que vai pagar os gastos de dietas, material oficina, material limpeza, mantemento edificios,...  con débeda e así chegamos a onde estamos, endebedados ata as orellas e afogados sen poder sair.

A ratio de funcionarios por habitantes é de 31, polo que cada funcionario ten que atender a 31 persoas, herniados deben estar de ter tanto traballo.

A desgraza nosa é que de tanto muxir a vaca agora estamos como estamos e estos politiquiños que temos leváronnos a ruina e non non van sacar dela porque seguen coas suas prevendas e o pobo que se foda.


Tags: concello, politicos, funcionarios, caciques, crise, debeda

Publicado por penadopico @ 9:23  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios