Martes, 10 de Abril de 2012

Estes dias a igrexa esta dando moito que falar, o bispo de Alcala de Henares dixo nunha misa emitida por televisión que "os homoxexuais son persoas que se prostituen e promoven a corrupción de menores".

Esta claro que a igrexa sempre mira para outro lado e non mira para si mesma, recoñeceu en algún momento a igrexa a súa propia corrupción?

Ao longo da historia é ben coñecido por todos casos de: cregos homosexuais, cregos con fillos, cregos que maltrataron a menores, cregos asasinos (inquisicion, dictaduras, etc.), cregos con desfalcos bancarios...,

Digo cregos no sentido xeral, onde incluio a papas, bispos, cregos, relixiosos...

E eu preguntolle a este varon, con que autoridade pode a igrexa criticar  cando ela sempre loitou polo poder a costa do medo e dos máis desfavorecidos?

Como dicia Marx "a relixion é o opio do pobo".


Tags: igrexa, bispo, corrupto, homosexual

Publicado por penadopico @ 7:54  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Luns, 09 de Abril de 2012

Perdóanos señor as  a nosas débedas

como nos perdoamos os que nos rouban

e coa gloriosa intercesión de san conde roa

líbramos das inspeccións de  facenda

Amen.

- mans arriba! a bolsa ou a vida?

- a vida que a bolsa esta moi jodida


Tags: conde roa, opus, corrupto

Publicado por penadopico @ 22:17  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
M?rcoles, 04 de Abril de 2012

Dicia un profesor meu "mi capacidad de asombro, no tiene límite", pois eso mesmo é o que me pasa a mín. Leo na prensa que o alcalde de Santiago o popular e para mais delito membro do OPUS, esta acusado dun delito de fraude o fisco de 300.000 €, por non declarar o ive na venda duns pisos  de protección oficial.

Esta claro que a sociedade política esta totalmente deteriorada e corrompida, e para acabar de agravar o caso este señor que imaxino que é católico practicante e membro do OPUS, non practica o que Xesús (según din eles) dixo.

É verdade o dito, que di sobre os curas "fai o que eu digo, pero non fagas o que eu fago"

Que nos di esto, que os políticos ainda que gañen unhas eleccións por maioria absoluta, como é o caso, o pobo tamén se engana, se este señor sendo un empresario defraudaba a todos, porque defraudar a Facenda é defraudar a todos; que fará ahora que ten o poder!

Eu aprobaria unha lei que dixera que todo aquel que defraude a Facenda e sexa declarado culpable (sexa pouco ou moito)  sexa inhabilidado de por vida, polo menos sacaríamos da vida política a toda esta pandilla de corruptos.

Lean o artigo: http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/04/03/galicia/1333478950_850726.html


Tags: conde roa, santiago, alcalde, corrupto, fraude fiscal

Publicado por penadopico @ 9:06  | politica
Comentarios (0)  | Enviar