Martes, 10 de Abril de 2012

Estes dias a igrexa esta dando moito que falar, o bispo de Alcala de Henares dixo nunha misa emitida por televisión que "os homoxexuais son persoas que se prostituen e promoven a corrupción de menores".

Esta claro que a igrexa sempre mira para outro lado e non mira para si mesma, recoñeceu en algún momento a igrexa a súa propia corrupción?

Ao longo da historia é ben coñecido por todos casos de: cregos homosexuais, cregos con fillos, cregos que maltrataron a menores, cregos asasinos (inquisicion, dictaduras, etc.), cregos con desfalcos bancarios...,

Digo cregos no sentido xeral, onde incluio a papas, bispos, cregos, relixiosos...

E eu preguntolle a este varon, con que autoridade pode a igrexa criticar  cando ela sempre loitou polo poder a costa do medo e dos máis desfavorecidos?

Como dicia Marx "a relixion é o opio do pobo".


Tags: igrexa, bispo, corrupto, homosexual

Publicado por penadopico @ 7:54  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios