Luns, 26 de Marzo de 2012

Celebráronse as eleccións en Asturias e Andalucia, en Asturias seguen como estaban que ou pactan ou pactan e en Andalucia a pesar de que o PP se as daba de moi felices resultou que o PSOE, baixou pero xunto con Esquerda Unida van sobrados para ter a maioria absoluta.

Os andaluces souberon votar, se o PSOE o fai mal non o votes pero vota esquerdas e votaron a Esquerda Unida, polo que o PP seguirá na oposición.

O que resulta que a marea azul non é tan marea azul, ainda queda un pequeno ou grande reducto que resiste que é Andalucia.


Tags: eleccións, andalucia, asturas

Publicado por penadopico @ 8:08  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Xoves, 22 de Marzo de 2012

Esta canción vai dedicada os incompetentes do IGVS ainda que é da epoca de Asnal, hoxe segue vixente:


Tags: musica, igvs, lugo, vivienda

Publicado por penadopico @ 8:04  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
M?rcoles, 21 de Marzo de 2012

Cando chegou Feijoo a Xunta de Galicia, suprimiu a figura dos delegados territoriais, según el para aforrar a para poñer a técnicos  ao fronte das  consellerías, pero pasado o tempo fixo todo o contrario, non aforrou, xa que estes xefes territoriais cobran mais cos antigos delegados e por enriba puso o fronte das xefaturas a politiquiños de segunda fila que o único que saben facer é figurar.

Esto ben a conto do problema do IGVS de Lugo, que se tivera ao fronte da xefatura territorial ou da dirección xeral a unhas persoas de valia con personalidade as cousas resolveríanse doutra maneira.

Este organismo ten  ao fronte tanto en Santiago como en Lugo a dous figuríns que non saben, nen server para mediar, consensuar, teñen o nariz mais grande que pinocho e son mais falsos que un euro coa cara de popeye.

Que pensan vostedes do funcionario/a que chega as 9 da maña a traballar?

Que pensan do funcionario que non sabe nin redactar un escrito?

Que pensan do funcionario que se pon de baixa porque lle asignan un traballo que non quere, e colle a alta cando o chama o xefe e lle di: "ben traballar que xa ben un interino para facer o traballo que ti non queres facer".

Que pensan do funcionario que o chaman dicíndolle que ten xente esperando e contesta "que esperen que ya viene ahora XXX"

Pensan vostes que este/es funcionarios foron cesados por motivos políticos?

Si,  por motivos políticos estaban neses postos, ainda que eran unos ineptos e non sabian desenvolver ou non querian o seu posto de traballo,  pero como eran consorte de... e amiga de... por eso estaban ocupando unhos postos que non merecian por meritos propios.

Pero claro, mais vale ser amigo ou consorte de...  que ser traballador, polo menos esa é a filosofia do PP.


Tags: IGVS, Lugo, politicos, xefes territoriais

Publicado por penadopico @ 8:05  | funci?n p?blica
Comentarios (0)  | Enviar
Luns, 19 de Marzo de 2012

En este momento que o funcionario é un ser que parece culpábel de todo o que ocorre na sociedade, dende a crise ata as estafas de tódolos chourizos, resulta que no IGVS de Lugo, a responsable persegue a algún subordinado porque parece ser que non esta capacitado para desenvolver o seu traballo.

Na administración como en calquera traballo, cando chegas de novo a un posto, por moi listo que sexas necesitas a colaboración dos compañeiros para poñerte o día e coñecer o funcionamento da unidade.

Unhas persoas teñen unha maior capacidade e aprenden antes, mentres outras son mais lentas e necesitan mais tempo.

A unidade de administración e patrimonio sempre foi un desastre, entrega de vivendas que houber entrega que ten problemas, cando non ten problemas coa luz, ten problemas coa auga, cando non ca calefacción, ou co ascensor, divisións horizontais erróneas e iso é de dominio público dado que constantemente estas noticias saen na prensa.

Parece ser que o actual responsable desta sección esta a ter problemas coa xefa de área,  dita xefa viña precedida pola súa mala fama do centro de donde viña, onde parece que ningún lle dirixía a palabra.

Para ser xefe non basta con ter un título e ter aprobado unha oposición, tamén hai que ter outras calidades, é como se un profesor é un coquito,  pero non sabe explicar a materia os alumnos, entón dicimos que é un mal profesor.

Esta señora perdeu o norte  e as formas, parece que non sabe que a desconsideración cos subordinados é unha falta grave.

Non entro a valorar se o xefe de sección esta capacitado para desenvolver a praza ou non, descoñezo, e por iso non podo falar delo, pero o que si sei é que un xefe sempre ten que tratar de mediar nos conflitos e intentar buscar solucións axeitadas, non  votar mais leña o lume que é o que fai esta señora.

Por outra banda se a unha persoa se lle fai grande un posto haberá que intentar entre todos de axudalo, empezando por ela mesma, porque se ela é tan lista pódelle dar un curso intensivo o empregado para que aprenda a facer as cousas.

Quizá o que falle non é solo o subordinado, senón que tamén falla a directora que se dedica a cotorrear coas linguas viperinas que a rodean e non sabe distinguir o trigo da palla.


Tags: funcionario, subordinado, IGVS, lugo

Publicado por penadopico @ 8:01  | funci?n p?blica
Comentarios (0)  | Enviar
Xoves, 15 de Marzo de 2012

Entre os funcionarios da Xunta esta a circular uns email de posibles recortes para funcionarios que irían nos orzamentos do estado para o 2012, os recortes que din que lles poden facer son:

- Anulación/prohibición das ofertas de emprego

- Anulación procesos consolidación de emprego que non estivesen en marcha.

- Anulación da carreira profesional

- Conversión dos trienios en quinquenios

- Eliminación da produtividade

- Limitación do persoal eventual

- Supresión de duplicidades (a qué se refire?)

- Limitar os asuntos propios a 3 dias (cousa que non aforra nada)

O que me parece realmente ben a a limitación de persoal eventual, imaxínense vostedes agora dos delegados territoriais (5), teñen 3 asesores (xefe prensa, xefe gabinete, xefe sección de apoio).

En canto a duplicidade é de coña, resulta que o señor Feijoo, suprimiu duas consellerias: cultura e pesca, pero como contraprestación para non deixar sen chollo os xefes territoriais, creanse as "xefaturas de servizo de coordinación"  tanto en pesca como en cultura, co que toda a palabreria de aforro é eso, puras palabras. E imaxino que en Lugo o anterior xefe territorial seguirá cobrando dietas por chegar as 9 da maña (non pode madrugar), e ir da súa casa en Ribadeo a Lugo.

E eu pregúntome, os señores políticos baixaranse a si mesmos os soldos, deixaran de cobrar dietas...?, non seguro que non, eles seguiran vivindo a conta de todos nos.


Tags: politicos, recortes funcionarios, orzamentos

Publicado por penadopico @ 8:07  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
S?bado, 10 de Marzo de 2012

Para votar unhas risas, un neno día a súa nai:

-mama, mama, no cole chámanme "valenciano"

- e porqué fillo?

- porque nas eleccións sempre voto o que nos rouba os bocadillos"


Publicado por penadopico @ 20:47  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Venres, 09 de Marzo de 2012

Resulta que non temos para pipas e mercamos estampiñas, aclaro,  no DOG de onte, sae un anuncio da Secretaria Xeral de Medios polo que se vai facer unha campaña publicitaria de 1.200.000 €, para a "promocion das iniciativas da Xunta de Galicia en materia de identidade, galeguidade e datas de especial sensibilidade social", e abrangue dende a sinatura do contrato ata o 31-12-2012, polo procedemento de urxencia.

É dicir, abrangue a campaña electoral do PPg que xa empeza, pero non temos para educación, non temos para a dependencia, non temos para crear emprego, non temos para sanidade, pero temos para dar diñeiro as empresas de medios de comunicación para que falen ben de nos durante o tempo que dure a campaña.

Unha magoa, e por enriba seguro que o fiel electorado volta a darlles a maioria xa que non teñen oposición.


Tags: publicidade, medios comunicación, campaña electoral

Publicado por penadopico @ 7:59  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Xoves, 08 de Marzo de 2012

No día da muller traballadora quero rendilles unha pequena homenaxe a todas esas mulleres que teñen doble traballo o seu traballo fora da casa e  as labores do fogar con esta canción de Luz Casal:

E un 0 para Ruiz Gallardon que ía de progresista pero estamos vendo que pertence a dereita mais reaccionaria, o aborto é un dereito, canda quen é libre de abortar ou non según as súas crenzas, e a santa igrexa é a menos indicada para falar cando eles mataban a xente por non ter as súas crenzas.


Tags: muller, traballadora, aborto, igrexa

Publicado por penadopico @ 20:20  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Luns, 05 de Marzo de 2012

Como dí o refrán "fai o que eu digo, pero non fagas o que eu fago", esa é a igrexa católica.

Os exemplos témolos nos casos de nenos roubados,  pederastia, a inquisición, os fillos ilexítemos..., a última do sr. Rouco Varela é que esta a favor da reforma laboral do goberno do PP.

A Hermandad Obrera de Acción Católica (HOAC) e a Juventud Obrera Cristiana (JOC) sacaron un comunicado en contra da reforma laboral do goberno, pero cando este chegou as mans de Rouco, ordenou a súa retirada.

Como é norma xa da igrexa, a través dos tempos, ela sempre esta ó lado do poder, por eso como dixo Rubalcaba, "cada ovella coa sua parella", a igrexa co PP, os sindicatos co PSOE.

Como dixo Marx "a relixión é o opio do pobo".

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/03/03/actualidad/1330795070_196929.html

E en tempo de crise unha boa música para serenar o espíritu:


Tags: igrexa, rouco varela, relixión, poder

Publicado por penadopico @ 8:00  | outros
Comentarios (1)  | Enviar
Domingo, 04 de Marzo de 2012

E o fin de semana música galega:


Tags: musica, quempallou, galicia

Publicado por penadopico @ 11:30  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Xoves, 01 de Marzo de 2012

Saiu na prensa que hai 24 anos Feijoo durmiu na moqueta de San Caetano e que protestaba a favor dos interinos, pois ben a noticia é certa. Feijoo era funcionario interino,  xunto con Carlos Negreira, Jose M. Gonzalez, Valeriano Martinez e outros aprobaran no ano 1985 unha probas de interinos para a Conselleria de Economia e Facenda.

Cando a Xunta elaborou a Lei da Función Pública, Feijoo xunto con outros interinos para defender o seu status constituiu o sidicato AFICA  e negociou con tódolos partidos políticos para que os interinos anteriores a Lei  tivesen tres oportunidades de aprobar e se non aprobaban quedaran laborais fixos a extinguir,  e así pasou.

Cando era interino tamén loitou para que os interinos cobrasen o 100% das retribucións, xa que cando eles entraron os interinos solo cobraban o 80%.

Pero o tempo pasou, el e os seus amigos chegaron alto, el presidente, Negreira alcalde y os outros directores xerais ou subdirectores e polo tanto esquencéronse dos seus tempos de sindicalistas e agora son eles os que lle quitan dereitos o seus antigos compañeiros.

As voltas que dá a vida...


Tags: Feijoo, Negreira, funcionario interino, San Caetano, función pública

Publicado por penadopico @ 8:00  | funci?n p?blica
Comentarios (0)  | Enviar