Luns, 19 de Marzo de 2012

En este momento que o funcionario é un ser que parece culpábel de todo o que ocorre na sociedade, dende a crise ata as estafas de tódolos chourizos, resulta que no IGVS de Lugo, a responsable persegue a algún subordinado porque parece ser que non esta capacitado para desenvolver o seu traballo.

Na administración como en calquera traballo, cando chegas de novo a un posto, por moi listo que sexas necesitas a colaboración dos compañeiros para poñerte o día e coñecer o funcionamento da unidade.

Unhas persoas teñen unha maior capacidade e aprenden antes, mentres outras son mais lentas e necesitan mais tempo.

A unidade de administración e patrimonio sempre foi un desastre, entrega de vivendas que houber entrega que ten problemas, cando non ten problemas coa luz, ten problemas coa auga, cando non ca calefacción, ou co ascensor, divisións horizontais erróneas e iso é de dominio público dado que constantemente estas noticias saen na prensa.

Parece ser que o actual responsable desta sección esta a ter problemas coa xefa de área,  dita xefa viña precedida pola súa mala fama do centro de donde viña, onde parece que ningún lle dirixía a palabra.

Para ser xefe non basta con ter un título e ter aprobado unha oposición, tamén hai que ter outras calidades, é como se un profesor é un coquito,  pero non sabe explicar a materia os alumnos, entón dicimos que é un mal profesor.

Esta señora perdeu o norte  e as formas, parece que non sabe que a desconsideración cos subordinados é unha falta grave.

Non entro a valorar se o xefe de sección esta capacitado para desenvolver a praza ou non, descoñezo, e por iso non podo falar delo, pero o que si sei é que un xefe sempre ten que tratar de mediar nos conflitos e intentar buscar solucións axeitadas, non  votar mais leña o lume que é o que fai esta señora.

Por outra banda se a unha persoa se lle fai grande un posto haberá que intentar entre todos de axudalo, empezando por ela mesma, porque se ela é tan lista pódelle dar un curso intensivo o empregado para que aprenda a facer as cousas.

Quizá o que falle non é solo o subordinado, senón que tamén falla a directora que se dedica a cotorrear coas linguas viperinas que a rodean e non sabe distinguir o trigo da palla.


Tags: funcionario, subordinado, IGVS, lugo

Publicado por penadopico @ 8:01  | funci?n p?blica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios