Xoves, 15 de Marzo de 2012

Entre os funcionarios da Xunta esta a circular uns email de posibles recortes para funcionarios que irían nos orzamentos do estado para o 2012, os recortes que din que lles poden facer son:

- Anulación/prohibición das ofertas de emprego

- Anulación procesos consolidación de emprego que non estivesen en marcha.

- Anulación da carreira profesional

- Conversión dos trienios en quinquenios

- Eliminación da produtividade

- Limitación do persoal eventual

- Supresión de duplicidades (a qué se refire?)

- Limitar os asuntos propios a 3 dias (cousa que non aforra nada)

O que me parece realmente ben a a limitación de persoal eventual, imaxínense vostedes agora dos delegados territoriais (5), teñen 3 asesores (xefe prensa, xefe gabinete, xefe sección de apoio).

En canto a duplicidade é de coña, resulta que o señor Feijoo, suprimiu duas consellerias: cultura e pesca, pero como contraprestación para non deixar sen chollo os xefes territoriais, creanse as "xefaturas de servizo de coordinación"  tanto en pesca como en cultura, co que toda a palabreria de aforro é eso, puras palabras. E imaxino que en Lugo o anterior xefe territorial seguirá cobrando dietas por chegar as 9 da maña (non pode madrugar), e ir da súa casa en Ribadeo a Lugo.

E eu pregúntome, os señores políticos baixaranse a si mesmos os soldos, deixaran de cobrar dietas...?, non seguro que non, eles seguiran vivindo a conta de todos nos.


Tags: politicos, recortes funcionarios, orzamentos

Publicado por penadopico @ 8:07  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios