Venres, 09 de Marzo de 2012

Resulta que non temos para pipas e mercamos estampiñas, aclaro,  no DOG de onte, sae un anuncio da Secretaria Xeral de Medios polo que se vai facer unha campaña publicitaria de 1.200.000 €, para a "promocion das iniciativas da Xunta de Galicia en materia de identidade, galeguidade e datas de especial sensibilidade social", e abrangue dende a sinatura do contrato ata o 31-12-2012, polo procedemento de urxencia.

É dicir, abrangue a campaña electoral do PPg que xa empeza, pero non temos para educación, non temos para a dependencia, non temos para crear emprego, non temos para sanidade, pero temos para dar diñeiro as empresas de medios de comunicación para que falen ben de nos durante o tempo que dure a campaña.

Unha magoa, e por enriba seguro que o fiel electorado volta a darlles a maioria xa que non teñen oposición.


Tags: publicidade, medios comunicación, campaña electoral

Publicado por penadopico @ 7:59  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios