Xoves, 01 de Marzo de 2012

Saiu na prensa que hai 24 anos Feijoo durmiu na moqueta de San Caetano e que protestaba a favor dos interinos, pois ben a noticia é certa. Feijoo era funcionario interino,  xunto con Carlos Negreira, Jose M. Gonzalez, Valeriano Martinez e outros aprobaran no ano 1985 unha probas de interinos para a Conselleria de Economia e Facenda.

Cando a Xunta elaborou a Lei da Función Pública, Feijoo xunto con outros interinos para defender o seu status constituiu o sidicato AFICA  e negociou con tódolos partidos políticos para que os interinos anteriores a Lei  tivesen tres oportunidades de aprobar e se non aprobaban quedaran laborais fixos a extinguir,  e así pasou.

Cando era interino tamén loitou para que os interinos cobrasen o 100% das retribucións, xa que cando eles entraron os interinos solo cobraban o 80%.

Pero o tempo pasou, el e os seus amigos chegaron alto, el presidente, Negreira alcalde y os outros directores xerais ou subdirectores e polo tanto esquencéronse dos seus tempos de sindicalistas e agora son eles os que lle quitan dereitos o seus antigos compañeiros.

As voltas que dá a vida...


Tags: Feijoo, Negreira, funcionario interino, San Caetano, función pública

Publicado por penadopico @ 8:00  | funci?n p?blica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios