S?bado, 25 de Febreiro de 2012

Hoxe declara ante o xuíz castro o deportista, chamolle así porque este paisano de duque non ten nada. O primeiro que tiña xa que ter feito o rei era quitarlle o título, pero non,  segue tendo escolta, segue habitando no palacio da Zarzuela, en Marivent e todo a conta de todos nos, aparte de roubarnos a todos, seguímoslle pagando o seu alto tren de vida e mentras os que non teñen traballo e non teñen para comer que se j...,  se ti roubas unha galiña para comer vas o cárcere, este chorizo roubou miles de millóns e por enriba ten un trato especial e seguímolo mantendo.

A súa entrada no xulgado dí que ven defender o seu honor, honor? que honor, unha persoa que ten honor non fai o que el fixo, non sei se algún dia tivo honor, pero se o tivo hai moito tempo que o perdeu.

O peor do tema é que o rei sabíao e moitos mais, pero ningún fixo nada e siguiu chorizando, e o final xa verán vostedes como lle cargan o morto a outro e él se marcha de rosiñas.

Puto pais.


Tags: urdangarin, rei, corrupción, zarzuela, marivent, chorizo, duque

Publicado por penadopico @ 9:55  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios