Xoves, 23 de Febreiro de 2012

O caso campeon non ten fin, cada pouco Dorribo sae  con algo novo. Levouse por diante a Fernado Blanco, Pablo Cobian, dous directivos do IGAPE,  José Blanco e agora tocoulle a quenda ó alcalde de Lugo José Orozco.

Cando foi declarar ante o Supremo, na fotografía que sae na prensa, aparece sen afeitar e con un aspeto algo desaliñado, sen embargo cando hai uns días eu o vin na rúa presentaba un aspecto espléndido. Imaxino que en función do acto que toque vai con unha imaxe ou outra. É de supoñer que para ir a declarar ante o xuíz e de cara a opinión pública non pode aparecer co aspecto que eu o vin pola rúa, é dicir, ben vestido, afeitado e engominado como acostumaba.

Probablemente sexa certo que subvencionou algunha actividade, ou algún acto, pero que me digan que empresiña que contrate obra pública nunca o fixo, o que mais e o que menos fainno coa esperanza de que lle caia algún contrato, ou se xa ten algún que lle den máis.

Pero a min e imaxino que a todo o mundo, o que máis vergoña me da de todo esto é que este señor se esta rindo de todos, primeiro chupou as subvencións, e viviu como un rei a conta de todos nos; cando o colleron negociou tirando merda contra todos para que o puxeran na rúa, e agora pretende motar de novo a empresa a costa de todos.

Pero o peor é que acabará montando a empresa de novo e voltará a meter outro pufo que teremos que pagar todos.

Puto pais.


Tags: Dorribo, Orozco, Blanco, campeon

Publicado por penadopico @ 7:56  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios