Martes, 14 de Febreiro de 2012

Di o artigo 14 da Constitución "Os españois son iguais ante a lei, sen que poida prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social", sen embargo estamos vendo que non é asi no caso Urdangarín.

Se chega a ser outro o imputado xa estaba no cárcere hai moito tempo, se a súa muller non fose a infanta xa estaría imputada, acaso non imputaron a Pantoja e a Maite Zaldivar  no caso  Julian Muñoz? E  probablemente  non habia tantos millóns de euros polo medio.

Hoxe tamén arquivaron o terceiro proceso que tiña o xuiz Baltasar Garzón, como dixo Carrillo "este era o terceiro pelotón de fusilamento, e se xa estaba morto non podían volvelo a matar"

O goberno aprobou a reforma laboral, con esta reforma os dereitos adquiridos durante anos polos traballadores quedaron espallados no lixo, e voltamos o tempo dos escravos dos séculos pasados.  Traballadores non tedes dereitos a retrucar, se o facedes a puñetera rúa.

E por enriba dín tanto o ministro, como os empresarios que esto non vai crear emprego, entón para que nos serve a reforma?

Esta visto que neste pais imos para diante como os cangrexos.

Ah, e a última deste goberno, parece ser que o secretario de estado da seguridade social Tomas Burgos, que dixeron cando o nomearon que era médico, parece  que o seu título é  igualiño o que tiña Luis Roldán.

E agora unha homenaxe a unha gran voz:  Whitney Houston


Tags: xustiza, garzón, reforma laboral, urdangarin

Publicado por penadopico @ 8:01  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios