S?bado, 31 de Decembro de 2011

Celebrouse o primeiro consello de ministros da era Rajoy que tomou medidas contra a crise, o resume delas é este:

- Conxelación dos salarios dos funcionarios (de momento en marzo veremos se non lles baixa).

- Suba do 1% as pensións.

- Suba do IRPF.

- Suba do IBI.

- Suba do imposto a renda de capitais.

- Desaparece a renda de emancipación, so se manteñen as que estan aprobadas.

- Volve con efectos retroactivos a desgravación a vivenda é dicir, volve a  poder desgravar tanto Amancio Ortega (multimillonario) como o obreiro, agora solo podian desgravar as rendas baixas.

- Os funcionarios teran que traballar 37,5 horas, pero se a maioria xa tiña esas horas, outra cousa é que cumplan o horario ou non.

- Non se van declarar no 2012 novas axudas a dependencia. Se vostede no 2012 chega a ser dependente mala sorte, non terá axuda.

Pero as SICAV, é dicir, esas empresiñas dos ricos seguen cotizando ó 1%.

Con todas estas medidas eu deséxolles a todos que o leven o mellor que poidan, como se acostuma a dicir: que haxa saude.


Tags: 2012, suba, impostos, rajoy

Publicado por penadopico @ 8:06  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios