M?rcoles, 30 de Novembro de 2011

As cortes valencianas xa non teñen diñeiro para pagar as nóminas de decembro dos funcionarios e dos deputados e resulta que aquí non goberna o PSOE nin ZP, entón que fallou? non era todo culpa de ZP? vaia por deus, non me decataba aquí goberna con maioría absoluta o PP, ese PP que arrasou en toda a península e agora son os primeiros que non teñen diñeiro para pagar nin os funcionarios nin os deputados.

Dos deputados non sinto magoa ningunha, eles son os que cas súas falcatruadas nos levaron onde estamos, peor será para os funcionarios, pero algo aforrado terán...

Xa podemos ir preparándonos porque isto cada vez vai a peor, a Xunta xa emitiu 25 millóns de débeda a dous anos, imaxino que sería para que non lle pasara isto e poder pagar as nóminas, pero a estes debeunos coller co pé cambiado e non se decataron.

Preparémonos, xa que logo, isto vai ir de mal a peor e se non tempo o tempo.


Tags: valencia, deputados, nomina, funcionarios

Publicado por penadopico @ 7:05  | politica
Comentarios (1)  | Enviar
Domingo, 27 de Novembro de 2011

Esta claro que esta pais esta cheo de listos.

Os netos do rei con 3 e 4 anos eran accionistas da consultora de Urdangarin, con esa idade tiñan o 16,6 % da empresa Namaste 97, creada o 1 de xaneiro de 2002.

Poden ler o artigo en:  http://www.larepublica.es/2011/11/los-nietos-del-rey-con-3-y-4-anos-de-edad-eran-accionistas-de-la-consultora-de-urdangarin/

O que eu digo este pais era moi rico ata que entre todos o levaron a ruina, e agora temos que levantalo os de abaixo mentras os de arriba seguiran ríndose de todos nós.


Tags: urdangarin, netos, rei

Publicado por penadopico @ 22:29  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
M?rcoles, 23 de Novembro de 2011

Despois do triunfo do PP solo me queda dicir que si o candidato fora un burro con un sombreiro, votarianlle o mesmo.

E para rir algo deixo o gran Wyoming:


Tags: eleccións, españa

Publicado por penadopico @ 19:48  | outros
Comentarios (0)  | Enviar