Venres, 28 de Outubro de 2011

   Tarde, mal e a rastras vaise paralizar a cidade da cultura. Tiña xa que terse paralizado co bipartito, pero o mellor por iso de ser bipartito, non se paralizou.

   Miles de millóns dilapidados como quen tira o diñeiro o río, diñeiro de tódolos galegos  por obra e graza de don Manuel.

   Por enriba a avenida que chega o Gaiás, veñen de poñerlle o seu nome, mellor que lle puxeran “avenida do despilfarro”, porque non temos para pipas e mercamos estampiñas.

   E o día que don Manuel fine, grandes homenaxes e luto oficial, e ninguén se recordará do diñeiro que tirou o río de tódolos galegos.

   Hipocrisía da xente.


Tags: gaiás, fraga, cultura, galicia, diñeiro

Publicado por penadopico @ 8:54  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Xoves, 06 de Outubro de 2011

Novacaixagalicia banco, necesitou 1.164 millóns do fondo  de rescate, mais 2.464 millóns do FROB, é dicir, diñeiro de todos nós pero resulta que os seus exdirectivos leváronse indemnizacións millonarias.

Os señoritos que se levan os cartos de todos son entre outros: José Luís Pego, Oscar Rodriguez Estrada, Gregorio Gorriaran, Javier García de Paredes; entre os tres primeiros leváronse uns 23 millóns e non se sabe o que se levou José L. Mendez e os seus fillos.

Pero dado que fixeron unha xestión tan boa que levaron a caixa a ruína e hoxe en día esta calificada como "bono lixo", e en vez de sentalos a todos no banquiño pola nefasta xestión que fixeron a eles e outros mais que seguen, aínda se lles premia  manténdoos con cargos de conselleiros en empresas como pode ser: CECA, Sacyr, R entre outras.

O que digo eu, este pais e moi, moi rico senón co que se leva roubado do diñeiro de todos hai moito tempo que estariamos na bancarrota.


Tags: novacaixagalicia, banco, directivos, indemnizacions, diñeiro

Publicado por penadopico @ 9:42  | outros
Comentarios (0)  | Enviar