Xoves, 06 de Outubro de 2011

Novacaixagalicia banco, necesitou 1.164 millóns do fondo  de rescate, mais 2.464 millóns do FROB, é dicir, diñeiro de todos nós pero resulta que os seus exdirectivos leváronse indemnizacións millonarias.

Os señoritos que se levan os cartos de todos son entre outros: José Luís Pego, Oscar Rodriguez Estrada, Gregorio Gorriaran, Javier García de Paredes; entre os tres primeiros leváronse uns 23 millóns e non se sabe o que se levou José L. Mendez e os seus fillos.

Pero dado que fixeron unha xestión tan boa que levaron a caixa a ruína e hoxe en día esta calificada como "bono lixo", e en vez de sentalos a todos no banquiño pola nefasta xestión que fixeron a eles e outros mais que seguen, aínda se lles premia  manténdoos con cargos de conselleiros en empresas como pode ser: CECA, Sacyr, R entre outras.

O que digo eu, este pais e moi, moi rico senón co que se leva roubado do diñeiro de todos hai moito tempo que estariamos na bancarrota.


Tags: novacaixagalicia, banco, directivos, indemnizacions, diñeiro

Publicado por penadopico @ 9:42  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios