Xoves, 27 de Maio de 2010

A crise fixo que o goberno de Zapatero aprobase  un Real Decreto   sen consensualo coa oposición que lle esta dando labazadas por tódolos  lados, tanto onte no Congreso dos deputados como hoxe no Senado onde perdeu varias  votacións.

Qué fixo mal ZP? Pois que debería ter consensuado ditas  medidas coa oposición,  terían que haberse reunido tódolos líderes da oposición  e o presidente e chegar a acordos, non so os dous grupos maioritarios, se non  tamén os minoritarios e os nacionalistas, esta houbera sido a única maneira de  sacar a este pais da crise, pero claro ninguén quere dar o brazo a torcer e  cada quen vai polo seu lado e así nos vai.

Por iso imos a ter que rezar  para que o pai santo nos saque da crise xa que  os humanos son incapaces de chegar a un acordo para resolver  os nosos problemas.

A oración podería ser:

Presidente do goberno

Ora pro nobis

Vicepresidenta segunda

Ora pro nobis

Líderes da oposición

Ora pro nobis

Líderes sindicais

Ora pro nobis

Empresarios deste pais

Ora pro nobis

Banqueiros deste pais

Ora pro nobis

Año de deus que quitas o pecado do mundo

Perdóaos señor

Año de deus que quitas o pecado do mundo

Escóitanos señor

Año de deus que quitas o pecado do mundo

Apártanos de  todos  estes falcatruans

e líbranos da tentación de que nos volten a representar

Amén


Tags: crise, goberno, oposición, partidos, politicos, sindicatos

Publicado por penadopico @ 7:40  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
M?rcoles, 26 de Maio de 2010

O goberno do estado tomou distintas medidas ante a crise: baixarse o soldo, baixar as retribucións dos funcionarios, conxelar as pensións, eliminar o cheque bebe,...
Outra medida que tomou e  onde dixo digo digo diego foi cos concellos, en principio ía prohibirse endebedarse para realizar inversións dende xa, pero as administracións locais viráronse  e o goberno recuou e dixo que iso era a partir de 2011.
Non son eu quen para opinar se as medidas económicas  tomadas son boas ou malas, pero en algún casos había que tomar algunha mais. Como se pode permitir que alcaldes cobren mais que o presidente do goberno? Como se pode permitir a existencia de concellos de 700, 1000 ou  3000 habitantes con non sen cantos funcionarios, concellais, secretario, alcalde cobrando, se os ingresos do concello non chegan para pagar a fin de mes as nóminas?  Como se pode permitir que os bancos nos anos de mais crise teñan ganancias e paguen retribucións e pensións astronómicas os seus dirixentes? Como é posible que un traballador ou un funcionario pague mais a Facenda  que un empresario que esta escondido detrás de un montón de empresas?
Sabían vostedes que se son veciños de Madrid teñen unha débeda de 24.000 € cada un sexan maiores ou nenos?
Que medidas tomará o goberno galego? Non se sabe, a resposta nos vindeiros dias pero seguro que non suprimen os coches oficiais os altos cargos, nin lle quitan os 3.000 € os xefes territoriais, nin lle sacan 3 secretarias/os os delegados provinciais, nin suprimen os 2 chóferes, nin o gabinete de prensa, nin os asesores, nin rebaixan os soldos dos concelleiros das empresas públicas: CRTVG, Xestures, Sogama...
Como sempre a corda rompe polo mais fraco.


Tags: crise, goberno, administración, medias

Publicado por penadopico @ 7:57  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Venres, 21 de Maio de 2010

 

Parece ser que o novo decreto do galego no ensino non incluirá  a consulta os  pais en primaria e secundaria, de momento, porque parece que si  esta disposto a facelo antes de que acabe esta lexislatura, pero si consultara no caso da educación infantil de 3 a 5 anos.

Esta claro que o OPUS e galicia monolingüe son os que mandan  no ensino en Galicia. Ti como pai non podes dicir se queres que o teu fillo estude  matemáticas, xeografía ou inglés, iso é indiscutible pero por obra e graza do espírito  santo feito home no corpo de Feijoo, podes dicir que o teu fillo non estude en  galego.

A “jet” do PP e todo o seu pixerio, conseguiron que o noso  idioma sega sendo rexeitado, apartado e  reducido a algo simbólico, algo que solo serve  en contadas ocasións para dicir unha frase ou palabra,  para facer unha graza oufacer unha mofa.

Vergoña lle da a esta tropiña  falar galego. Cando todos os galegos nos tíñamosque sentir orgullosos da nosa lingua, da nosa cultura,...  que pena que esta xente non vexa mais ala do  seu nariz.

Quizá nós non o vexamos, pero o mellor un día o noso idioma  volve rexurdir das catacumbas onde o quere mandar o goberno Feijoo e volve a  refulxir como no seu dia brillou  na  época do rei Sabio:

O que levou os dinheiros
e non troux' os cavaleiros,
é por non ir nos primeiros
      que faroneja?
Pois que ven cõnos prestumeiros,
      maldito seja!

 

(estrofa de cantiga de Alfonso X, el sabio)

Tags: idioma, galego, ensino, monolingüe, galicia, cultura, catacumba

Publicado por penadopico @ 8:14  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Martes, 18 de Maio de 2010

 
Miles de persoas percorreron onte as rúas de Compostela contra o decreto da Xunta que pretende acabar co galego no ensino. Esta xa é a cuarta manifestación contra o goberno de Feijoo e a súa política en contra do noso idioma.
   Dende a primeira convocatoria os galegos sempre respostaron  masivamente en contra desde goberno, non importan as súas ideas políticas, as manifestacións están ateigadas de votantes de tódolos cores, e de tódolos partidos, é o que ten que ser, temos que defender o noso e se nos non nos defendemos, quen o vai facer?
   Pero o goberno Feijoo  tapa os oídos, non quere perder os votos dos seus amigos de galicia monolingüe,  que siga así, que o que pode é perder o goberno.
"Sempre en Galicia, sempre en galego"


Tags: galego, idioma, decreto, manifestación, Compostela, goberno

Publicado por penadopico @ 9:36  | outros
Comentarios (1)  | Enviar
Venres, 14 de Maio de 2010
Levamos un tempo falando solo de funcionarios, pero un dia mais seguiremos con ese tema. Parece ser que o goberno de Zapatero no consello de ministros do vindeiro xoves aprobara un paquete de medidas no que unha delas vai ser a rebaixa das retribucións dos funcionarios.
Ben, algún tiña que  pagar en vez de que lle pagaran, pero outros si que traballan e cumpren co seu cometido, parece ser que gran parte deles andan revoltos e ameazan con un día de folga. A administración estase privatizando, externalizando servizos como no caso dos comedores escolares xa que é mais barato contratar unha empresa e pagarlle que mercar as viandas e ter funcionarios propios.
O de rebaixar o soldo os funcionarios non o vexo mal, sempre que se rebaixa mais os que mais cobran, e ademais se tomen as seguintes medidas:
 Se elimine o Plus dos Altos Cargos

Se eliminen os 3.000 euros anuais subidos aos xefes territoriais

Se eliminen os asesores ou xefes de gabinete das delegacións territoriais

Se elimine o transporte de altos cargos dende casa ao chollo e viceversa

Se eliminen as pagas vitalicias para deputados/senadores/altos cargos.

Se examinen aquelas axudas que están a ser concedidas linealmente (por exemplo, axuda para enviar aos fillos a Gran Bretaña / Irlanda 15 dias, e

que son iguais para mil euristas e para quen gaña 6.000 euros mensuais).

Se examine a compatibilidade entre diversas pagas (exemplo, RAE e Prestación non contributiva, que supón 800 euros de paga mensual + extras

a quen nunca cotizou).

Cancelen unha chea de propaganda institucional (exemplo, 1 millón de euros para a promoción do decreto do galego)


Tags: funcionarios, soldo, administración, goberno

Publicado por penadopico @ 9:54  | funci?n p?blica
Comentarios (0)  | Enviar
Luns, 10 de Maio de 2010

O Decreto lexislativo  1/2008, de 13 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei da  función pública de Galicia establece que: “Os postos de traballo vacantes adscritos a personal funcionarios proveranse polos seguintes sistemas:

1. Concurso. Constitue o sistema normal de provisión…”

A administración autonómica galega ven de convocar un concurso de traslados no que non saen tódalas prazas vacantes dado que non saen as prazas nivel 26 e 28 que aparecen nas RPT como de concurso e estan vacantes e ocupadas por funcionarios en comisión de servizos ou en adscripción provisional.

Algunhas das prazas que non saen neste concurso e terían que sair son as seguintes:

PR.302.00.001.15770.004

SERVIZO ESTUDIOS E ANÁLISIS DE TELECOM. E AUDIOV.

PR.302.00.001.15770.015

SERVIZO DE TELEVISIÓN E RADIODIFUSIÓN

PR.401.00.002.15770.010

XEFE SERVIZO DE ESTUDIOS E COORDINACIÓN

PR.401.00.002.15770.020

XEFE SERVIZO PROSPECTIVA E APOIO TÉCNICO

PR.501.00.003.15770.005

SERV. DE PROMO. DOS CENTROS E COMUNIDADES GALEGAS

PR.501.00.003.15770.015

SERVIZO TRAMIT. AXUDAS AOS CENTROS E COMU. GALEGAS

PR.699.10.000.27001.001

XEFE GABINETE DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

PR.799.10.000.27001.001

SERVIZO DE DEPORTE

PR.C02.00.003.15770.040

SERVIZO APOIO Á ADMÓN. INSTITUCIONAL E CORPORATIVA

IC.A99.10.000.27001.001

XEFE SERVIZO DE CONSUMO

IC.A99.10.000.15001.001

XEFE SERVIZO DE CONSUMO

IC.A99.10.000.32001.001

XEFE SERVIZO DE CONSUMO

IC.A99.10.000.36001.001

XEFE SERVIZO DE CONSUMO

MR.C02.00.001.15770.020

XEFE/A SERVIZO DE XESTIÓN ORZAMENTARIA

MR.C02.00.003.15770.010

XEFE SERVIZO TÉCNICO XURÍDICO

MR.C03.00.001.15770.010

XEFE SERVIZO DE AXUDAS ESTRUTURAIS

MR.C03.00.001.15770.023

XEFE SERVIZO DE MEDIDAS COMPLEMENTARIAS

MR.C03.00.002.15770.020

XEFE/A SERVIZO DE REFORMA DAS ESTRUCTURAS

MR.C04.00.001.15770.060

XEFE/A SERVIZO DE PLANIFICACIÓN GANDEIRA

MR.C04.00.002.15770.008

XEFE SERVIZO PROD. AGRARIA SUSTENTABLE SANID. VEX.

MR.C05.00.001.15770.001

XEFE SERV. COORD. E SEGUIMENTO PROG. DESENV. RURAL

MR.C06.00.002.15770.011

XEFE/A SERVIZO DE FORMACIÓN AGROFORESTAL

MR.C07.00.000.15770.050

XEFE SERVIZO PLANIFICACIÓN E VALORACIÓN DO MONTE

MR.C07.00.002.15770.014

XEFE SERVIZO DE PROGRAMACIÓN

MR.C99.10.201.15001.001

XEFE SERVIZO XURÍDICO-ADMINISTRATIVO

MR.C99.10.301.15001.002

XEFE SERVIZO DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS

MR.C99.10.401.15001.001

XEFE SERVIZO INFRAESTRUTURAS E ESTRUTURAS AGRARIAS

CU.C03.00.001.15770.005

SERVIZO DE PROMOCIÓN E DIFUSIÓN CULTURAL

CU.C03.00.001.15770.050

SERVIZO DE LIBRO E PUBLICACIÓNS

SA0000000000000000

XEFE/A DE SERVIZO DE ANÁLISES E ORGANIZACIÓN DE POSTOS

SAC000000000000000

XEFE DE SERVIZO DE XESTIÓN

SAS040000215770025

XEFE SERVIZO DE XESTIÓN

MA.C02.00.001.15770.006

XEFE SERVIZO DE CONTRATACIÓN

MAC030000115770008

XEFE SERVIZO CONSERVACIÓN DE ESPAZOS NATURAIS

MRC000000000000000

XEFE/A SERVIZO DE RECURSOS E RECLAMACIÓNS

MRC020000115770020

XEFE/A SERVIZO DE XESTIÓN ORZAMENTARIA

MRC991020127001001

XEFE SERVIZO XURÍDICO-ADMINISTRATIVO

MRC991040127001001

XEFE SERVIZO INFRAESTRUTURAS E ESTRUTURAS AGRARIAS

MRC991070136001001

XEFE SERVIZO CONTROL CAL. AGROALIMENTARIA E INDUST

VP0000000000000000

SERVIZO DE XESTIÓN E COORDINACIÓN ADMINISTRATIVA

VPC9900000000000000

SERVIZO DA DEPENDENCIA E AUTONOMIA PERSOAL

TR.A01.00.001.15770.005

XEFE DE SERVIZO DE ADMINISTRACIÓN XERAL

TR.C99.00.000.00000.000

SERVIZO DE DEPENDENCIA E AUTONOMÍA PERSOAL

TR.C99.00.000.00000.000

SERVIZO DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO

TR.C99.00.000.00000.000

SERVIZO DE PRESTACIÓNS E INCLUSIÓN

TR.C99.10.000.15001.330

XEFE DE SERVIZO DE FORMACIÓN E COLOCACIÓN

TR000000000000000

SERVIZO DE COORDINACIÓN ADMINISTRATIVA

TR000000000000000

SERVIZO DE FAMILIA E MENORES

VP0000000000000000

SERVIZO DE ATENCIÓN Á DEPENDENCIA

PEC000000000000000

XEFE/A SERVIZO DE CONTRATACIÓN

PEC000000000000000

SERVIZO DE INNOVACIÓN TECNOLÓXICA DA ACUICULTURA

PEC000000000000000

SERVIZO DE XESTIÓN DE PROXECTOS

PEC000000000000000

SERVIZO DE XESTIÓN DE PROXECTOS

PEC020000115770048

SERVIZO TECNOLOXÍA DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN

PEC020000115770075

SERVIZO DE FOMENTO DA ORGANIZACIÓN SECTORIAL

PEC020000115770090

SERVIZO TÉCNICO XURÍDICO

PEC030000115770045

SERVIZO DE ACUICULTURA

PEC040000115770045

SERVIZO DE MERCADOS

PEC991000015001054

SERVIZO DE RECURSOS MARIÑOS

PEC991000027650070

SERVIZO DE COMPETITIBIDADE E INNOVACIÓN TECNOLÓXICA

PEC991000036560073

SERVIZO DE COMPETITIVIDADE E INNOVACIÓN TECNOLÓXICA

CU.C00.00.000.00000.000

SERVIZO DE PLANIFICACIÓN TURÍSTICA E PROGRAMAS EUROPEOS

CU.C03.00.001.15770.005

SERVIZO DE PROMOCIÓN E DIFUSIÓN CULTURAL

PRC030000115770014

XEFE/A SERVIZO RÉXIME XURÍDICO E RECURSOS

 E estas non son todas ainda hai moitas mais


Tags: concurso, administracion, traslados, galicia, funcionarios

Publicado por penadopico @ 9:56  | funci?n p?blica
Comentarios (0)  | Enviar
Venres, 07 de Maio de 2010

Onte publicouse no DOG o concurso de traslados dos funcionarios de corpos xerais da Xunta de Galicia.

A Xunta anuncia na súa  páxina web que é o concurso mais grande convocado para funcionarios, home será o mais grande pero non di toda a verdade xa que moitas prazas non se convocan.

Vexamos: na primeira  relación de prazas que función pública pasou as centrais sindicais ofertaban  prazas de nivel 26, pero por arte de birloque esas prazas retiráronse aínda que  estaban vacantes, así mesmo tampouco se ofertan as prazas de nivel 28 vacantes  que aparecen nas RPT (relación de postos de traballo) como de concurso e que están  ocupadas en comisión de servizo ou en adscrición provisional, función pública  di que as han de quitar nun concurso específico, pero o que pretenden é  modelalas a medida do “bicho” poñeranlle estatura, color de ollos, de pelo...

A parte disto, retiraron  moitas prazas que din que van amortizar, pero xa veremos se o fan o único que farán  sera cambiarlles o nome para que siga o amigo que a ocupa en comisión de  servizos.

Función pública esta  prevaricando, esta tramitando comisións de servizo dunha consellería a outra  cando esa consellería ten funcionarios a disposición e sen praza.

Nas oposicións permitiu que  xente que era opositora actuara en dous tribunais como tribunal y fora  compañeiro de outro que despois os ía examinar como opositores,  e   función  pública tiña constancia disto pola acta do tribunal que o fixo constar,  pero  non fixo nada, consentiu ata que saltou a prensa.

Agora no concurso saca unhas  prazas si e outras non, pero nin cesan o director nin el dimite, dignidade nos  tempos de hoxe xa non queda, isto é unha vergonza, onde imos?

 


Tags: funcion publica, galicia, funcionarios, administracion, concurso, traslado

Publicado por penadopico @ 7:30  | funci?n p?blica
Comentarios (0)  | Enviar
Luns, 03 de Maio de 2010

 

A consellería de Medio Rural acaba de adxudicar a empresa Natutecnia a coordinación dos incendios  forestais, xa no momento da convocatoria do concurso sabíase que  dita empresa ía ser a adxudicataria dado que era a única en Galicia  que reunía os requisitos esixidos na convocatoria.

Era sabido que Feijoo ía privatizar o  servizo de incendios, xa tiña antecedentes: fundacións sanitarias,  Correos.. que por certo xa ten déficit.

De momento segue mantendo Seaga, claro  ten que diversificar, por un lado antigos funcionarios da época  Fraga, noutro lado empresa pública creada polo bipartito pero con  moita xente afín, e agora empresa privada do colega da quenda para  acabar, algún día, externalizando o servizo de incendios, senón  tempo o tempo.

Pero o paradóxico do tema é que  excepto a CIG, os sindicatos están calados, ninguén di nada non  sexa que non saian na foto.

Comisións non parou de facerlle o  boicot o bipartito todo o tempo, que se os traxes, que se os coches,  que se as instalacións, que se os plus,  pero agora de repente  calou, de súpeto ninguén di nada  están conformes,  será que esperan recibir parte da torta como nos  vellos tempos, nos tempos en que se pechaban nos despachos o  secretario   da delegación e o representante de CC OO e UXT e saían  coas listas de contratos feitas a medida.

Unha vergoña, pero temos o que nos  merecemos.


Tags: incendios, forestais, galicia, privatizar, natutecnia

Publicado por penadopico @ 7:27  | politica
Comentarios (0)  | Enviar