Xoves, 27 de Maio de 2010

A crise fixo que o goberno de Zapatero aprobase  un Real Decreto   sen consensualo coa oposición que lle esta dando labazadas por tódolos  lados, tanto onte no Congreso dos deputados como hoxe no Senado onde perdeu varias  votacións.

Qué fixo mal ZP? Pois que debería ter consensuado ditas  medidas coa oposición,  terían que haberse reunido tódolos líderes da oposición  e o presidente e chegar a acordos, non so os dous grupos maioritarios, se non  tamén os minoritarios e os nacionalistas, esta houbera sido a única maneira de  sacar a este pais da crise, pero claro ninguén quere dar o brazo a torcer e  cada quen vai polo seu lado e así nos vai.

Por iso imos a ter que rezar  para que o pai santo nos saque da crise xa que  os humanos son incapaces de chegar a un acordo para resolver  os nosos problemas.

A oración podería ser:

Presidente do goberno

Ora pro nobis

Vicepresidenta segunda

Ora pro nobis

Líderes da oposición

Ora pro nobis

Líderes sindicais

Ora pro nobis

Empresarios deste pais

Ora pro nobis

Banqueiros deste pais

Ora pro nobis

Año de deus que quitas o pecado do mundo

Perdóaos señor

Año de deus que quitas o pecado do mundo

Escóitanos señor

Año de deus que quitas o pecado do mundo

Apártanos de  todos  estes falcatruans

e líbranos da tentación de que nos volten a representar

Amén


Tags: crise, goberno, oposición, partidos, politicos, sindicatos

Publicado por penadopico @ 7:40  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios