M?rcoles, 26 de Maio de 2010

O goberno do estado tomou distintas medidas ante a crise: baixarse o soldo, baixar as retribucións dos funcionarios, conxelar as pensións, eliminar o cheque bebe,...
Outra medida que tomou e  onde dixo digo digo diego foi cos concellos, en principio ía prohibirse endebedarse para realizar inversións dende xa, pero as administracións locais viráronse  e o goberno recuou e dixo que iso era a partir de 2011.
Non son eu quen para opinar se as medidas económicas  tomadas son boas ou malas, pero en algún casos había que tomar algunha mais. Como se pode permitir que alcaldes cobren mais que o presidente do goberno? Como se pode permitir a existencia de concellos de 700, 1000 ou  3000 habitantes con non sen cantos funcionarios, concellais, secretario, alcalde cobrando, se os ingresos do concello non chegan para pagar a fin de mes as nóminas?  Como se pode permitir que os bancos nos anos de mais crise teñan ganancias e paguen retribucións e pensións astronómicas os seus dirixentes? Como é posible que un traballador ou un funcionario pague mais a Facenda  que un empresario que esta escondido detrás de un montón de empresas?
Sabían vostedes que se son veciños de Madrid teñen unha débeda de 24.000 € cada un sexan maiores ou nenos?
Que medidas tomará o goberno galego? Non se sabe, a resposta nos vindeiros dias pero seguro que non suprimen os coches oficiais os altos cargos, nin lle quitan os 3.000 € os xefes territoriais, nin lle sacan 3 secretarias/os os delegados provinciais, nin suprimen os 2 chóferes, nin o gabinete de prensa, nin os asesores, nin rebaixan os soldos dos concelleiros das empresas públicas: CRTVG, Xestures, Sogama...
Como sempre a corda rompe polo mais fraco.


Tags: crise, goberno, administración, medias

Publicado por penadopico @ 7:57  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios