Venres, 21 de Maio de 2010

 

Parece ser que o novo decreto do galego no ensino non incluirá  a consulta os  pais en primaria e secundaria, de momento, porque parece que si  esta disposto a facelo antes de que acabe esta lexislatura, pero si consultara no caso da educación infantil de 3 a 5 anos.

Esta claro que o OPUS e galicia monolingüe son os que mandan  no ensino en Galicia. Ti como pai non podes dicir se queres que o teu fillo estude  matemáticas, xeografía ou inglés, iso é indiscutible pero por obra e graza do espírito  santo feito home no corpo de Feijoo, podes dicir que o teu fillo non estude en  galego.

A “jet” do PP e todo o seu pixerio, conseguiron que o noso  idioma sega sendo rexeitado, apartado e  reducido a algo simbólico, algo que solo serve  en contadas ocasións para dicir unha frase ou palabra,  para facer unha graza oufacer unha mofa.

Vergoña lle da a esta tropiña  falar galego. Cando todos os galegos nos tíñamosque sentir orgullosos da nosa lingua, da nosa cultura,...  que pena que esta xente non vexa mais ala do  seu nariz.

Quizá nós non o vexamos, pero o mellor un día o noso idioma  volve rexurdir das catacumbas onde o quere mandar o goberno Feijoo e volve a  refulxir como no seu dia brillou  na  época do rei Sabio:

O que levou os dinheiros
e non troux' os cavaleiros,
é por non ir nos primeiros
      que faroneja?
Pois que ven cõnos prestumeiros,
      maldito seja!

 

(estrofa de cantiga de Alfonso X, el sabio)

Tags: idioma, galego, ensino, monolingüe, galicia, cultura, catacumba

Publicado por penadopico @ 8:14  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios