Venres, 14 de Maio de 2010
Levamos un tempo falando solo de funcionarios, pero un dia mais seguiremos con ese tema. Parece ser que o goberno de Zapatero no consello de ministros do vindeiro xoves aprobara un paquete de medidas no que unha delas vai ser a rebaixa das retribucións dos funcionarios.
Ben, algún tiña que  pagar en vez de que lle pagaran, pero outros si que traballan e cumpren co seu cometido, parece ser que gran parte deles andan revoltos e ameazan con un día de folga. A administración estase privatizando, externalizando servizos como no caso dos comedores escolares xa que é mais barato contratar unha empresa e pagarlle que mercar as viandas e ter funcionarios propios.
O de rebaixar o soldo os funcionarios non o vexo mal, sempre que se rebaixa mais os que mais cobran, e ademais se tomen as seguintes medidas:
 Se elimine o Plus dos Altos Cargos

Se eliminen os 3.000 euros anuais subidos aos xefes territoriais

Se eliminen os asesores ou xefes de gabinete das delegacións territoriais

Se elimine o transporte de altos cargos dende casa ao chollo e viceversa

Se eliminen as pagas vitalicias para deputados/senadores/altos cargos.

Se examinen aquelas axudas que están a ser concedidas linealmente (por exemplo, axuda para enviar aos fillos a Gran Bretaña / Irlanda 15 dias, e

que son iguais para mil euristas e para quen gaña 6.000 euros mensuais).

Se examine a compatibilidade entre diversas pagas (exemplo, RAE e Prestación non contributiva, que supón 800 euros de paga mensual + extras

a quen nunca cotizou).

Cancelen unha chea de propaganda institucional (exemplo, 1 millón de euros para a promoción do decreto do galego)


Tags: funcionarios, soldo, administración, goberno

Publicado por penadopico @ 9:54  | funci?n p?blica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios