Venres, 07 de Maio de 2010

Onte publicouse no DOG o concurso de traslados dos funcionarios de corpos xerais da Xunta de Galicia.

A Xunta anuncia na súa  páxina web que é o concurso mais grande convocado para funcionarios, home será o mais grande pero non di toda a verdade xa que moitas prazas non se convocan.

Vexamos: na primeira  relación de prazas que función pública pasou as centrais sindicais ofertaban  prazas de nivel 26, pero por arte de birloque esas prazas retiráronse aínda que  estaban vacantes, así mesmo tampouco se ofertan as prazas de nivel 28 vacantes  que aparecen nas RPT (relación de postos de traballo) como de concurso e que están  ocupadas en comisión de servizo ou en adscrición provisional, función pública  di que as han de quitar nun concurso específico, pero o que pretenden é  modelalas a medida do “bicho” poñeranlle estatura, color de ollos, de pelo...

A parte disto, retiraron  moitas prazas que din que van amortizar, pero xa veremos se o fan o único que farán  sera cambiarlles o nome para que siga o amigo que a ocupa en comisión de  servizos.

Función pública esta  prevaricando, esta tramitando comisións de servizo dunha consellería a outra  cando esa consellería ten funcionarios a disposición e sen praza.

Nas oposicións permitiu que  xente que era opositora actuara en dous tribunais como tribunal y fora  compañeiro de outro que despois os ía examinar como opositores,  e   función  pública tiña constancia disto pola acta do tribunal que o fixo constar,  pero  non fixo nada, consentiu ata que saltou a prensa.

Agora no concurso saca unhas  prazas si e outras non, pero nin cesan o director nin el dimite, dignidade nos  tempos de hoxe xa non queda, isto é unha vergonza, onde imos?

 


Tags: funcion publica, galicia, funcionarios, administracion, concurso, traslado

Publicado por penadopico @ 7:30  | funci?n p?blica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios