Luns, 03 de Maio de 2010

 

A consellería de Medio Rural acaba de adxudicar a empresa Natutecnia a coordinación dos incendios  forestais, xa no momento da convocatoria do concurso sabíase que  dita empresa ía ser a adxudicataria dado que era a única en Galicia  que reunía os requisitos esixidos na convocatoria.

Era sabido que Feijoo ía privatizar o  servizo de incendios, xa tiña antecedentes: fundacións sanitarias,  Correos.. que por certo xa ten déficit.

De momento segue mantendo Seaga, claro  ten que diversificar, por un lado antigos funcionarios da época  Fraga, noutro lado empresa pública creada polo bipartito pero con  moita xente afín, e agora empresa privada do colega da quenda para  acabar, algún día, externalizando o servizo de incendios, senón  tempo o tempo.

Pero o paradóxico do tema é que  excepto a CIG, os sindicatos están calados, ninguén di nada non  sexa que non saian na foto.

Comisións non parou de facerlle o  boicot o bipartito todo o tempo, que se os traxes, que se os coches,  que se as instalacións, que se os plus,  pero agora de repente  calou, de súpeto ninguén di nada  están conformes,  será que esperan recibir parte da torta como nos  vellos tempos, nos tempos en que se pechaban nos despachos o  secretario   da delegación e o representante de CC OO e UXT e saían  coas listas de contratos feitas a medida.

Unha vergoña, pero temos o que nos  merecemos.


Tags: incendios, forestais, galicia, privatizar, natutecnia

Publicado por penadopico @ 7:27  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios