M?rcoles, 28 de Abril de 2010

 

Feijoo di nunha entrevista que os  funcionarios son pouco “eficientes” que funciona mellor a empresa  privada, dende logo sendo el funcionario non esperaba eu isto. Se me  din que o di alguén que non é funcionario hasta lle daría a razón  pero que o diga un funcionario, ¡que deus nos colla confesados!

Feijoo xa se esqueceu  que  el é  funcionario, funcionario interino, claro, porque a oposición   aprobouna cando xa era alto cargo da Xunta (Secretario Xeral), tanto  el como o seu amigo Carlos Negreira por iso xa se esqueceu   do traballo que realizaba cando era funcionario, ou é que agora  considera que era pouco eficiente?

Pero, eu preguntaríalle: por que son  así os funcionarios? Quen  é o responsable?  A explicación é moi sinxela, porque el e os  seus representantes poñen de responsables a unha pandilla de  lacazáns  e truans.

O día seguinte as eleccións do 1 de  marzo tódolos funcionarios estaban encantados, motivo? Cada quen ía  facer o que lle viñera en gana, saír tantas veces como queira, e  vaguear todo o que se antolle.

Os funcionarios non lles gustaba o PSOE nin  o BNG, xa que eles son esixentes e pretenden cos funcionarios  cumpran  coas suas obrigas  e traballen cousa que nunca fixo o PP, dado que todos os  postos os ocupan a súa panda de enchufados.

Poñerei un exemplo, nun servizo había  un funcionario posto polo bipartito, chegou o PP e aínda que non  tiña motivos, cesou o funcionario e puxo unha funcionaria muller dun   deputado do PP (mais vaga ca chaqueta nun ...) candidato a alcalde,  vai cara a oficina as 9 da maña (será que ten un horario especial)  nunca esta no despacho, o público esta farto dela porque vaia a hora  que vaia ela nunca esta, os compañeiros quéixanse pero as costas   a cara ninguén a da, ninguén lle di nada, claro é a muller do deputado.

Despois os funcionarios son pouco  eficientes, segundo Feijoo, pero con estes exemplos como van ser  eficientes, eles din que traballen os do PP.


Tags: funcionario, administracion, galicia, feijoo, eficiencia

Publicado por penadopico @ 7:28  | funci?n p?blica
Comentarios (0)  | Enviar
Luns, 26 de Abril de 2010


Un refrán di que “quen sementa vento  recolle tempestades”, e iso é o que lle pasou o presidente da  Xunta o outro día en Vigo, ía a un acto e ante as protestas decidiu  marchar.

Feijoo leva sementando vento dende a  precampaña electoral: que se os luxos do bipartido, que se os audis,  que se Quintana compartia barco con Jacinto Rey, ...

Pero tódalas mentiras teñen patas  curtas e o cabo dun ano a sociedade galega xa esta farta das mentiras   de Feijoo e dos seus acólitos.

Pechan os comedores escolares,   todos sabemos que sae mais barato contratar un servizo de catering que  ter unha cociña con cociñeiros e mercar as viandas, pero a calidade  non é a mesma, senón que llo pregunten a tódolos maiores ós que   lles levan o xantar a casa;    cando llo facían nos restaurantes  próximos estaban encantados ca comida, agora a Xunta contratou un  servizo de cátering para aforrar custos e a comida non hai quen a  trague.

Sanidade: por suposto que é mais  barato darlle a xestión a empresa privada porque eles van ir o  límite no aforro dos custes, pero o servizo non é o mesmo nin os  medios tampouco, o final pagamos igual para ter menos servizos ou  unhos servizos cunha calidade mais baixa.

Plisan: o goberno bipartito asinara un  convenio que saíu publicado no DOG  despois de varios fallos   xudiciais, e agora chega o prepotente do señor Bone e polos seus cataplines di que non paga un céntimo, e claro puxéronlle unha  demanda por falsidade e esta pendente de xuízo tendo que declarar  como imputado o vindeiro 7 de xullo.  Pero é que este señor fai con  todos o mesmo, un convenio que tiña asinado co concello de Viveiro,  polos afectados do barrio de Celeiriño, díxolle o concello que el  non quería saber nada do tema, pero en cambio para construírr  vivendas en Trabada  onde é alcalde o seu amigo Jose Manuel  si tendiñeiro, ainda que non teña nunha triste solicitude de vivenda.

O que eu digo, este goberno esta cheo   de técnicos (así se chaman eles) mediocres e vai a deriva e sen  rumbo, pero o peor é que non ten oposición que lle conte a sociedade  galega o que esta a acontecer.

 

 

 

 


Tags: boicot, vigo, feijoo, goberno, sanidade, plisa, comedores

Publicado por penadopico @ 7:30  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Xoves, 22 de Abril de 2010

O novo goberno de Feijoo, trasladou a Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Presidencia a de Facenda en un intento de darlle mais imparcialidade. Pero co paso do tempo vemos que o que fixo foi corrompela mais do que podía estar.

Primeiro votaron dos tribunais os sindicatos, empezaron a prolongar as comisións de servizos mais ala dos dous anos, cousa que o bipartito tiña prohibido, consenten comisións de servizos dunha consellería para outra cando teñen xente a disposición sen praza e as prazas dadas en comisión están no intervalo de niveis da xente cesada o que da lugar a que poidan ser denunciados por prevaricación.

Prodúcense filtracións de exames, hai causas de abstención nos tribunais e non se absteñen.  Salta  todo a luz pública e a única que cesan é a subdirectora de selección de persoal, que probablemente sexa a que menos culpa ten de todo.

O señor director xeral é intocable xa que é o segundo de  Carlos Negreira,  amigo persoal de Feijoo,  e non se pode cesar   e como tampouco teñen dignidade porque non saben o que é, tampouco dimite.

En toda a historia da autonomía galega nunca houbo unha función pública tan corrupta como a que temos neste momento,  é de vergonza e por enriba pretenden facer un concurso de traslados  sen  sacar  as  xefaturas  de  servizo de concurso nas que teñen colocados os seus amigos.

Solo podo dicir:  váiase  señor  Feijoo.


Tags: función publica, dimision, funcionarios, facenda, persoal, abstención

Publicado por penadopico @ 7:15  | funci?n p?blica
Comentarios (0)  | Enviar
Martes, 20 de Abril de 2010

Despois dunhos días de vacacións aquí volvemos cunha triste noticia: “vencido e derrotado o goberno inimigo celébrase o primeiro ano triunfal do goberno Feijoo”.

Para celebrar o seu primeiro ano de goberno o noso caudillo percorreu un tramo do camiño francés de Santiago rodeado de todo o seu séquito, e debeu de quedar herniado de andar tanto, xa que so fixo sete kilómetros, claro como o camiño son se fai en citroen que  se fai a pe, é dicir, no coche de san fernando un pouquiño a pe e outro camiñando, pois cansou e xa o tivo que recolleu o seu  chofer.

Contento debe estar o presidente despois de todo o que leva feito neste ano, vexamos:

-Cargouse o concurso eólico, para sacar un a medida dos seus amigos “hiberdrolas”.

-Cargouse o decreto do galego, para sacar un a medida dos seus amigos “galicia monolingüe”

-Cargouse as galescolas, para poñer no seu lugar a pita azul

-Cargouse a gratuidade dos libros no ensino

-Cargase os comedores escolares

-Amplía a débeda públicas so chegar a Raxoi.

-Celebra as oposicións con mais filtracións e irregularidades dende a ditadura

-Incrementa as listas de espera

-Privatiza a sanidade

-Vai camiño de privatizar o servizo de incendios

E de austeridade mellor non falar, deixou podrecer os audis, para mercar ou alugar coches de alta gama, pero claro teñen que ser citroen.

O seu goberno ía ser técnico, pero esta cheo de politiquiños de baixa nota que teñen a administración totalmente paralizada e gastando diñeiro a destro e sinistro.

E da banca... , que se a lei de caixas, que se  fusionan, que non se fusionan, pero eu penso que seguro que Caixa Galicia remata en Caixa Madrid ou as tres xuntas.

No tema do leite, pascual entrégallo os seus amigos.

No urbanismo, volta o pasado cadaquén que faga o que lle pese co visto e prace do alcalde da quenda e por enriba con diñeiro de todos imos pagarlle os construtores as súas falcatruadas.

En vivenda non existe,  cargouse tódolos decretos e nin están, nin se lles espera.

Resumindo levamos un ano que imos como os cangrexos, cara para atrás.

So temos unha boa nova, falta un ano menos para botalos.


Tags: feijoo, galicia, camiño, goberno, eleccións, vitoria, celebrar

Publicado por penadopico @ 7:34  | politica
Comentarios (0)  | Enviar