Martes, 30 de Marzo de 2010

Onde se custodian os exames  das oposicións? Na EGAP. Quen é o responsable? O director.  Un señor que leva de  alto cargo na Xunta mais de vinte anos, e que hai un tempo meteu a toda afamilia da súa “amiga”, e incluso habendo so 3 prazas nunha convocatoria para o  corpo de xestión da Xunta, sendo el presidente presentouse a irma da súa“amiga” e miren por onde foi unha das afortunadas e aprobou.

Nunca na historia da Xunta  da Galicia houbo tantas irregularidades como hai neste momento nas oposicións,  so recordo algo parecido cando era vicepresidente da Xunta Jose L. Barreiro e  nunhas probas de interinos aprobaron mais opositores que prazas estaban  convocadas.

Outro caso habera  8 anos unhas probas para limpadoras aprobaron  cunha nota altísima un grupo de xente que na súa vida collera un libro, nin fora a ningunha  academia, pero non se puido demostrar a filtración dos exames e entrou esta  xente pola cara; aínda que se sabia que lles pasaran os exames antes de  facelos, probablemente, é dicir case seguro, un/unha  membro do tribunal.

Nunha entrevista o domingo  na cadea SER o conselleiro de presidencia recoñeceu que había irregularidades  nas oposicións. Menos mal, aínda que intentou votarlle a culpa o bipartito,  sendo eles os que non quixeron cos sindicatos participaran nos tribunais.

No ano 2006, por perder un  sexames cesaron o director xeral, subdirectores e xefes de servizo, agora con tódalas  filtracións e tódolos motivos de recusación ou abstención que teñen, nin  ninguén dimite (non teñen o que hai que ter), nin ninguén cesa a ninguén.

Que pais temos, é boa  verdade mexan por nos e aínda temos que dicir que chove. E chove!!!


Tags: oposicións, emprego, administracion, xunta, egap, funcionarios

Publicado por penadopico @ 7:31  | funci?n p?blica
Comentarios (0)  | Enviar
Venres, 26 de Marzo de 2010


O CSI-F, sae na defensa do seu director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, os traballadores que viñan desenvolvendo o traballo da Bolsa de Aluguer, rematan o contrato o 30-03-2010, e vanse a rúa, xa que a Xunta pechou o decreto aprobado polo bipartito e aínda non aprobou o novo decreto.

Nunca vin que un sindicato, e menos o CSI-F, saia en defensa da administración e en contra dos traballadores que se van a rúa, pero claro o Sr. Bone foi en numerosas ocasións candidato nas listas do CSI-F, polo que cumpre saír na súa defensa.

Di o CSI-F, que tardaran, os funcionarios,  tres ou catro dias en poñerse  ó día e despois xa todo se desenvolverá normalmente, pois si,  sobre todos se os funcionarios que van a contratar son do CSI-F, pobres de nos bos exemplos temos porque cando non están no café, están de inspección, cando non están de vacacións, outros van no médico, outros... mellor non seguir.

Doulle a razón de que os servizos públicos deberan estar xestionados pola administración, pero non di toda a verdade dado que parece ser que van montar unha empresiña, ou xa a terán montada os amigos do PP, de asesoramento e acompañamento  entón señores do CSI-F, para que a Xunta vai contratar  esta empresiña?

É mentira o do aforro, porque primeiro van contratar xente para xestionar as axudas nas oficinas da administración e despois van contratar unha empresa que será a que xestione as visitas as vivendas, faga os informes técnicos, asesore os arrendadores etc., etc., polo tanto é mentira que se aforre unha cadela, pero a iso xa estamos acostumados dende que chegou Feijoo o poder, chegou con mentiras e solo saben contar mentiras e enganar a xente, pero como di o refrán: “poderán enganar a algunha xente algún tempo, pero non poderán enganar a toda a xente todo o tempo”.


Tags: csi-f, administración, bolsa, aluguer, traballadores, igvs

Publicado por penadopico @ 9:59  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Xoves, 25 de Marzo de 2010

No  DOG de onte publícase unha Orde da Consellería de Facenda pola que  se acepta a renuncia os membros do tribunal de acceso o grupo A1 acceso libre e consolidación  da  Xunta de Galicia Javier Baltasar Fernández  e  Mª Dolores Seoane Viqueira como vogais titular e suplente.

Javier  Baltasar Fernández é xefe de servizo de programas orzamentarios la Dirección Xeral de Orzamentos da Consellería de Facenda e  presentouse a oposición do grupo A1 por promoción interna e sacou  de nota un 15 sobre 30, e Mª. Dolores Seoane Viqueira é  xefa de  servizo de análise de proxectos  na mesma dirección xeral   acadou un 14,500 na mesma oposición.

Resulta  que a presidenta do tribunal de acceso o grupo A1 consolidación e libre Lorena OteroLópez  (letrada da Xunta de Galicia)  do que eran membros Javier e  Dolores, é a súa vez secretaria do tribunal de promoción interna  no que participaban como opositores  Javier e Dolores, é dicir no tribunal de acceso  libre e consolidación eran compañeiros de tribunal e na oposición  de promoción interna unha era tribunal e os outros dous opositores,  total  todo queda na casa.

Imaxino  que con todo isto os opositores recorreran e terán que volver a  repetir os exames, e espero que a conselleira cese a estes dous  xefeciños un pouco listos, así como o director da Función Pública  que xa se ve que non serve, e se lle queda algo de dignidade deberá  presentar ela mesma a dimisión a Feijoo.

E  para rematar a última de Feijoo en Boqueixón, un discurso para a  historia o video estaba no enderezo que sinalo a continuación pero deberon de darlle un toque o que o colgou e xa desapareceu chamábase: "Señor Feijoo, que no nos calamos ostia!!

http://www.youtube.com/watch?v=4whwDtJCWDE

pero podedes atopalo aqui:

http://www.publico.es/espana/302983/feijoo/presidente/xunta/galicia/maria/mera/cena/nuevas/generaciones/pp

Tags: tribunal, oposición, galicia, exames, opositores, funcionario

Publicado por penadopico @ 7:47  | funci?n p?blica
Comentarios (0)  | Enviar
M?rcoles, 24 de Marzo de 2010

 

A función pública galega parece un  circo. Primeiro non deixan participar os sindicatos nos tribunais das  oposicións, despois expulsan das oposición a varios opositores por  filtracións dos exames, agora dimiten dous membros dun tribunal  porque eles mesmos participan noutras probas como opositores,  vergonza lle había de dar a consellería de Facenda e o presidente  da Xunta, ambos funcionarios da Xunta de Galicia fai un tempo.

E se fose so isto, pero a desfeita non  remata aquí, teñen as RPT sen facer, teñen a centos de  funcionarios cesados   “a disposición” sen praza e pola contra  conceden comisións de servizos a destro e sinistro a funcionarios da  xunta dunha consellería para outra, da administración local, do  estado, todo vale, aínda que as comisións vaian mais aló dos dous  anos, das asistencias técnicas que realizan traballos dos funcionarios, mellor  xa non falar.

De pena,  esta función pública galega  esta  podre e o mellor que poden facer é dimitir o director xeral daFunción Pública e a conselleira de Facenda.


Tags: funcionarios, galicia, administración, oposicións, tribunais, probas

Publicado por penadopico @ 7:45  | funci?n p?blica
Comentarios (0)  | Enviar
Martes, 23 de Marzo de 2010

A Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Infraestruturas, coñecida pola MATI, da que é  conselleiro o señor Hernández, imputado por certificar obras sen  executar, fixo unha auténtica criba cos funcionarios dende a súa chegada ó poder, e iso que ten como secretario da consellería a un home cabal e  ecuánime.

Cesaron a subdirectores, xefes de  servizo, habilitados...,   non quedou ninguén, non sei se o autor da  desfeita foi o propio conselleiro ou os seus secuaces que deron orden  de cargarse a todos os funcionarios do bipartito, e buscar nas  catacumbas a servos fieis; lóxico non sexa que saian  a luz as súas  falcatrúas.

Parece ser que non lle foi sinxelo  atopar xente, dáse o caso que o servizo da Axencia de Protección da  Legalidade Urbanística de Lugo leva vacante dende o mes de outubro  do ano pasado que cesaron a xefa que tiñan, e iso que a nomeara o  goberno Fraga, é mais, creo que a puxeron como xefa de servizo sendo  Alberto Nuñez, conselleiro de Política Territorial, se ven o que  non sei se naquela época o servizo dependía da súa consellería  (xa sería rizar o rizo) pois ben, esta praza ofertáronna en  comisión de servizos tres veces, esperemos que a terceira vaia a  vencida.

Apartaron a xente traballadora,  preocupada, independente e no seu lugar puxeron os seus amigos vagos  e  lacazáns, pero resulta que en moitos casos o tiro saíulles mal, e  agora como ven que as cousas non funcionan baixáronse os pantalóns  e recuaron e volveron a incorporar a algún cesado.

Manda chover!  tanto polo cesado como polo que ordenou o cese, a verdade é que  dignidade queda moi pouca e por uns patacóns véndese a nai.


Tags: mati, cese, funcionarios, persoal, conselleria

Publicado por penadopico @ 7:18  | funci?n p?blica
Comentarios (0)  | Enviar
Venres, 19 de Marzo de 2010
Deixovos o enderezo onde podedes ver o listado de cargos ou familiares do PP  contratados por Baltar para a Deputación de Ourense:

http://enchufadosppourense.blogspot.com/2010/03/nova-actualizacion.html

Cada día actualízanos e cada día son mais.

Boa ponte a todos/as.

Tags: contratados, ourense, baltar, deputación

Publicado por penadopico @ 8:08  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Xoves, 18 de Marzo de 2010

E seguimos co concello de Barreiros e as suas licenzas dados co informe contrario da secretaria municipal, un artigo que se publica no diario El Pais no que se fala de que tódolos galegos imos pagar a ilegalidade dunhas vivendas, para que a administración se pase todo polo forro e agora mediante un convenio as legalice.
Espero que neste caso a xustiza sea xusta, ainda que as veces non é e caia todo o peso da lei sobre os responsables.
Deixo o enlace do artigo do Pais:
                         http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Xunta/legalizara/urbanizaciones/triplican/edificabilidad/elpepuespgal/20100316elpgal_1/Tes


http://urbanismopatasarriba.blogspot.com/2010/03/el-fiscal-acusa-al-alcalde-de-barreiros.html

Unha vergonza para o alcalde e a comisión de goberno que solo escoita a voz do seu amo, as que agora se unen a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.

Tags: barreiros, urbanismo, galicia, conello, construción

Publicado por penadopico @ 7:51  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
M?rcoles, 17 de Marzo de 2010


Celebrouse o debate sobre o estado da autonomía, para o PPG, todo esta moi ben, están satisfeitos deste ano de traballo. O  PSG di que foi un fracaso nas súas políticas de económicas,  de sanidade e un caos a educación e o recorte no gasto. No discurso do BNG cabe destacar o antigaleguismo de Feijoo,  o aumento do paro, o descenso da calidade dos servizos públicos, a desprotección do territorio.

O que eu podo observar na rúa é que Feijoo  chegou como unha novidade que viña a solucionar os problemas de tódolos galegos e unha gran parte de Galicia estaba ilusionada con este candidato, pero un ano despois o que vexo é decepción e non so nos que non o votamos, senón dentro do seu propio partido.

Se cando chegou a Xunta imaxinaba que íamos ter Feijoo para rato,  hoxe non penso o mesmo  e vexo a Feijoo sen rumbo, cun equipo mediocre, sen ideas e que pronto fará unha remodelación do seu goberno ante a ineptitude de moitos.


Tags: feijoo, goberno, galicia, autonomia, debate

Publicado por penadopico @ 7:37  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Martes, 16 de Marzo de 2010

 

O urbanismo galego é un caos. Nos anos das vacas gordas, empezouse a construír non so nas  vilas, senón tamén na costa. Así, como moitas outras xurdiu o caso de Barreiros na costa lucense.

Barreiros, era e é un pequeno concello na  costa de Lugo, non fai mais de trinta anos empezaron a construír médicos, avogados,  de Lugo. Nesta primeira etapa os solares case llos  regalaron os que construíron alí un chale para as vacacións ou para a fin de  semana.

Pouco despois foi a xente humilde, que dado  que era barato mercou alí unha finca e con grandes sacrificios fixo unha  casiña, pero sen proxecto, sen licenza e sen nada, co que a maioría das  vivendas existentes son ilegais.

No boom da construción a mafia do ladrillo  puxo alí os seus ollos e empezou a mercar fincas a prezo de ouro. Os paisanos  encantados porque vendían polo que querían, pero o problema é que o concello  non ten servizos para as casas que se pretendía construír.

Con certa frecuencia visito Barreiros e cada  vez que pasaba vía un edificio novo. Fai uns 10 anos o único que vías  cada vez que pasabas era unha casiña nova no  medio dun prado, porque cada quen construía onde lle petaba, pero cando chegou  a época alta da construción, dunha visita a seguinte, aquilo non era coñecidosolo se vía ladrillo e mais ladrillo.

Un día falando con alguén do concello  recoñeceume que había moitas construcións que non tiñan licenza nin  posibilidade de tela, e que os construtores tiñan tódalas vivendas vendidas.

A presión sobre o concello era enorme. Éte aquí  que a conselleira lles paralizou as licenzas dado as irregularidades que   estaban cometendo e agora a mala da película é a conselleira, cando os únicos  que actuaron irregularmente foi a mafia da construción por mercar e vender algo  que non tiña licenza, pero claro como eles están acostumados a mercar todo con   diñeiro…

O equipo de goberno, mais a arquitecta están  sendo investigados no xulgado, pero chega o señorito Feijoo, asesorado pola  mafia do ladrillo da que se rodeou e asina un convenio para legalizar todo o   ilegalizable. Por enriba nos tódolos cidadáns imos pagar os excesos dos  señoritos da construción por obra e graza de Feijoo. Hainos que ter ben grandes…


Tags: urbanismo, construción, barreiros, xulgado, fiscalia, corrupción

Publicado por penadopico @ 7:30  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Luns, 15 de Marzo de 2010

Unha pequeña homenaxe a ese gran actor galego ata a médula da Terra Cha que gañou un "Goya" pola sua interpretación en "Celda 211".
Se vostedes estan en "facebook" únanse o grupo "Feijoo Paleto!!! Tosar Presidente".





Tags: tosar, feijoo, galicia, goya

Publicado por penadopico @ 7:31  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Domingo, 14 de Marzo de 2010
Hoxe deixo o enlace de Elplural.com que fala de Feijoo e os seus escesos neste ano de goberno:


http://www.elplural.com/politica/detail.php?id=44104

hacer pedazos hacer pedazos hacer pedazos hacer pedazos hacer pedazos

Tags: feijoo, galicia, austeridade, goberno

Publicado por penadopico @ 8:48  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Venres, 12 de Marzo de 2010

O portavoz do PSOE no concello de San Cibrao das Viñas (Ourense) e Vicesecretario da executiva provincial deuse de baixa no PS de G e incorporouse o PPG, ese proxecto de Baltar.

Os políticos cambian de partido como de camisa, este non é o primeiro caso nin será o  último, como di un compañeiro meu por diñeiro venden ata a súa nai.

Di que comparte ideas, proxectos, e obxectivos..., será que comparte caciquismo, enchufismo, ... Que lle deron ou ofreceron a cambio deste cambio? Seguro que co tempo o saberemos, algo gordo debeu ser.

Esta claro que o 90 % dos políticos non están en política por beneficiarnos a vostede e a min están polo seu negocio particular e iso esta demostrado.

Cantos políticos coñece vostede honestos? Cantos alcaldes, deputados, conselleiros coñece que sairán da política co mesmo que entraron?


Tags: baltar, cacique, transfuga, politica

Publicado por penadopico @ 9:38  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Xoves, 11 de Marzo de 2010
O organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo dependente da Conselleríade Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, dirixida polo señor Hernández,  ese que esta procesado por certificar obras sen executar, ten o equipo  directivo mais nefasto de toda a súa historia.

Chegou a  mafia da construción e cargouse todo o que fixera o equipo do bipartito: plan  sectorial de vivenda, plan sectorial de parques empresariais (estes do goberno Fraga),  normas do hábitat axudas a rehabilitación tanto rural como en cascos históricos,  bolsa de aluguer, rexistro de demandantes de vivenda e pronto cargarase a lei de vivenda de Galicia.

Do  Rexistro de demandantes de vivenda protexida aprobaron un novo decreto para  regular tanto a vivenda de protección autonómica como a de promoción pública,  pero é tan nefasto que cada día teñen unhas intrusións distintas, un dia réxense   por unha norma e o dia seguinte pides información e dinche o contrario, é dicir,  non saben por onde andan.

Da bolsa  de aluguer derrogaron o decreto que estaba vixente, pero non aprobaron ningunha  normativa nova, polo que, tanto os propietarios dos pisos como os inquilinos  non saben por onde andan, solo saben que lles chegou unha carta de Xestur dicíndolles  que eles daban por finalizado a súa encomenda de traballo.

Axudas  para a rehabilitación de vivenda, non se sabe nada de nada o que che din e que  os importes das subvencións van ser inferiores as que había.

As  axudas que si están abertas son as do Ministerio de Vivenda para a rehabilitación,  pero de momento non se tramitou ningunha porque aínda están estudando o que vai  estar protexido e o que non.

Normasdo hábitat, aprobounas o consello da semana pasada, pero sempre para beneficiar  os amigos do ladrillo.

Plans  sectorias de vivenda e solo empresarial, ninguén sabe nada, iso pertence a  outra galaxia.

Isto  pasa cando se pon de responsable dun organismo a un inepto prepotente que se  rodea de lacazáns e preguiceiros.

É dicir,  pasou un ano do glorio Feijoo e nin EMPEZAMOS.


Tags: vivenda, solo, axudas, rehabilitacion, aluguer

Publicado por penadopico @ 7:28
Comentarios (0)  | Enviar
Martes, 09 de Marzo de 2010
Sobran as palabras, deixolles aqui o video que esta colgado en YouTube, onde o conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia Roberto Varela na Feira "Fitur" en Madrid, rebautiza o concello de Sobrado dos Monxes na provincia da Coruña como "desván de los monjes", un lugar onde se atopa unha das xoias do barroco galego, o mosteiro de Sobrado. Vexan e xulguen vostedes, se este é o representante da nosa cultura... qué nos espera?
Mellor bautizalo como conselleiro da incultura.
Pero, como sempre a culpa é da informática.

http://www.vieiros.com/nova/78626/varela-pide-desculpas-por-ter-mentido-inconscientemente-no-parlamento





Tags: conselleiro, cultura, galicia, sobrado, incultura

Publicado por penadopico @ 7:52  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Luns, 08 de Marzo de 2010

Leo na prensa que 79 concellos galegos gastan mais do doble en persoal que en inversión. Esto non é ningunha novidade, todos sabemos que a administración local é a que mellor paga porque cada alcalde coloca no concello os seus amigos, familiares, veciños, etc., que a súa vez é un viveiro de votos cara as eleccións.

Todos coñecemos ben o caso da deputación de ourense onde Baltar ten contratados 82 porteiros. Por exemplo: unha sala de exposicións ten 2 portas e once porteiros no cadro de persoal e nos dous últimos anos contratou para ese edificio 22 porteiros eventuais. Será para vixiar que non rouben os cadros!

Os concellos estan cheos de débedas, como non van estar! Nos concellos pequeños o funcionario da quenda non chega ata as 10 da maña, pero eso cando ven, outras veces nin vai e cando esta saiu a tomar café, co que,  o traballo que faria un necesitan catro.

Nos concellos das cidades a cousa non mellora moito, antes das 9 non chega ninguen, depois saen tomar cafe, mais tarde o viño e as duas pechan a porta. E eu pregúntome, cantas horas traballan os funcionarios? Eu diríalles que esaxerando moito duas horas, co que se votamos contas sobra mais da metade do persoal dos concellos e deputacións.

Pero tranquilos que, ainda que os concellos esten a beira da quebra os funcionarios a rúa non van ir, porque é voto cautivo que ten que rendir pleitesia o político correspondente xa que foi o que o puxo ali.

Resumindo: se a administración central e autonómica funciona mal, a administración local non hai por onde collela, tíñamos que poñelos a todos na rúa dende os políticos que o permiten e fomentan ata o último funcionario por vagos.

 


Tags: débeda, concello, galicia, funcionario, administración

Publicado por penadopico @ 7:39  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Venres, 05 de Marzo de 2010

No consello da Xunta de onte aprobouse o decreto das novas normas do hábitat, esas normas que segundo o director de vivendas “se las cargaba” tan pronto estivese sentado na poltrona.

Parece ser que o texto pretende acadar “o respecto á autonomía municipal” evitando conflitos con “outras normativas sectoriais e coas normativas dos concellos”, ao tempo que permite unha maior “axilidade no xeito de facilitar a rehabilitación”.

Feijóo sinalou que a futura lei “evitará os longos trámites burocráticos establecidos na normativa anterior”. “Nas excepcionalidades á normativa de vivenda, terán competencia os concellos para aceptalas, e non a Xunta de Galicia, porque suporía un enorme atranco para aceptar as excepcionalidades para o cumprimento da normativa”

Claro autonomía municipal, para que o técnico municipal da quenda dé a licenza en función dos seus intereses, dependendo de que sexa un proxecto seu, bueno seu, daquela maneira, asinado polo colega, socio, ou como vostedes queiran chamarlle.

É dicir, se queres que che se aprobe a licenza e es dun concello pequeno vas xunto do aparellador ou arquitecto municipal, o que teña o concello, e pídeslle que che faga o proxecto, claro el non cho vai asinar, pero dirache dun colega que cho fará e destras estará el. Disto sabe moito o director do IGVS, por iso as normas anteriores non lle gustaban nada.

O que manda en Galicia é a mafia do ladrillo.


Tags: normas, habitat, vivenda, galicia

Publicado por penadopico @ 11:00  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Xoves, 04 de Marzo de 2010

Leo na prensa que unhas vivendas sociais de Lugo foron saqueadas antes de ser entregadas. Ditas vivendas levan xa varios anos rematadas, pero non se poden entregar xa que non poseen licenza definitiva que o concello de Lugo non da porque non cumpren a normativa vixente e enton é imposible entregalas os adxudicatarios.

A prensa dí que non estan as listas definitivas, pero parece ser que non é certo dado que os problemas que habia cos adxudicatarios foron resoltos no seu momento polo programa de chavolismo co concello de Lugo.

Din que estas vivendas sociais foron mercadas fai uns 6 anos a un constructor que no nas daba vendido e ofertounas o Instituto Galego da Vivenda e Solo. Foron mercadas polo actual director xeral de vivenda Antonio Bone (naquela época delegado provincial da conselleria e do IGVS) e sendo director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo o señor Redondo (tamén de Lugo), que actualmente parece ser que é asesor do actual director xeral e que esta presente en varios consellos de administración dos Xestur.

E eu pregúntome, como o sr. Bone mercou unhas vivendas que non cumprian coa normativa vixente sendo el arquitecto? Ou foi có proxecto si cumplia e o construtor non se adaptou o proxecto? Quen é o responsable? Quen foi o director de obra? Quen por parte da administración recibiu as obras se non se adaptaban o proxecto aprobado?

Se estas vivendas non obteñen a licenza definitiva, non se van esixir responsabilidades a ninguen? Imaxino co sr. Bone estará esperando como auga de maio que señan as eleccións municipais por se as gaña o seu amigo Castiñeira e enton lle da  a licenza.

O que deberia facer o sr. Bone é dimitir por incompetente e dedicarse o seu estudo de arquitectura, se é que ten clientes.


Tags: vivenda, sociais, lugo, bone, redondo, saqueo

Publicado por penadopico @ 7:42  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
M?rcoles, 03 de Marzo de 2010

Cumpriuse un ano en que o PPG gañou por maioría absoluta as eleccións en Galicia e o presidente celebrouno no Vaticano coa súa parella xunto co arcebispo de Santiago.

Neste ano non vimos que a parella de Feijoo o acompañase nas súas viaxes, por iso é significativo que apareza con el no Vaticano xunto ó Papa, igual lle foron pedir a súa intercesión para poder casarse,  xa que todo un presidente da Xunta e do PP non estaría ben visto que se casara civilmente.

E tamén para celebrar ese triunfo aprobouse a nova lei do solo que legalizará as vivendas ilegais. Serán cualificadas como fora de ordenación, e os donos poderán facer obras de rehabilitación, melloras, consolidación e incluso ampliación nestas vivendas anteriores o 1 de xaneiro de 2003.

Como se demostra a mafia da construción é a que pon as normas e manda no urbanismo galego cos seus máximos responsables sendo xuíces e parte.

Pois nada señores construtores a mandar que para iso estamos.


Tags: goberno, feijoo, vaticano, galicia

Publicado por penadopico @ 7:45  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Luns, 01 de Marzo de 2010

Cúmprese un ano da derrota dobipartito e o triunfo do PPG por maioria absoluta.

Votando unha ollada ó que pasou esteano non podo dar creto o que pasou, vexamos:

  •  

    • Idioma galego: case voltamos aépoca do dictador cando estaba prohibido falalo.

    • Paro: progresamos adecuadamente,é dicir, cada día son mais.

    • Industria: desaparece pouco apouco.

    • Sector gandeiro: os tempos dasvacas gordas acabaron, agora veñen as flacas.

    • Banca: as caixas absorberannas osde Pedrafita para alá.

    • Secotr agrario: cada vez quedanmenos.

    • Educación: hai que promocionar oprivado e sobre todo se son do OPUS.

    • Sanidade: as listas de espera soninterminables.

    • 3ª idade: as residencias estanrematadas pero seguen pechadas.

    • Administración: cada vez sonmenos os que traballan, os do PP nunca traballaron e non o vanfacer agora.

    • Urbanismo: hai que voltar o deantes, a liña na que os que mandan son os constructores porquepara eso son amigos, o importante é a especulación.

    • Cultura: para que a queremos,viva todo o que ven do exterior.

    • Prensa: hai que axudar os queaxudaron a gañar as eleccións.

       

No PPG dannos exemplo de austeridade,integridade e rectitude, vexamos: 

    • Miranda cobrou dietas candoviaxaba co seu amigo (eso era na pasada lexislatura) Baltar.

    • Feijoo cobrou dietas candoviaxaba en coche prestado por Citroen.

    • Castiñeira pluriempregado:funcionario, deputado, concelleiro, empresario, pertenza aconsellos de administración...

    • Baltar emprega na deputación atódolos compromisarios.

    • Hernandez certifica obras senestar executadas.

    • Bone compra vivendas que despoisnon poden obter a licenza definitiva.

Mellor non seguir...

Xa vemos como é o goberno que nos íasolucionar os problemas, cheo de corruptelas, ...e ainda nos quedan3 anos, deus nos axude!


Tags: goberno, galicia, feijoo, elección

Publicado por penadopico @ 7:04  | politica
Comentarios (1)  | Enviar