Martes, 30 de Marzo de 2010

Onde se custodian os exames  das oposicións? Na EGAP. Quen é o responsable? O director.  Un señor que leva de  alto cargo na Xunta mais de vinte anos, e que hai un tempo meteu a toda afamilia da súa “amiga”, e incluso habendo so 3 prazas nunha convocatoria para o  corpo de xestión da Xunta, sendo el presidente presentouse a irma da súa“amiga” e miren por onde foi unha das afortunadas e aprobou.

Nunca na historia da Xunta  da Galicia houbo tantas irregularidades como hai neste momento nas oposicións,  so recordo algo parecido cando era vicepresidente da Xunta Jose L. Barreiro e  nunhas probas de interinos aprobaron mais opositores que prazas estaban  convocadas.

Outro caso habera  8 anos unhas probas para limpadoras aprobaron  cunha nota altísima un grupo de xente que na súa vida collera un libro, nin fora a ningunha  academia, pero non se puido demostrar a filtración dos exames e entrou esta  xente pola cara; aínda que se sabia que lles pasaran os exames antes de  facelos, probablemente, é dicir case seguro, un/unha  membro do tribunal.

Nunha entrevista o domingo  na cadea SER o conselleiro de presidencia recoñeceu que había irregularidades  nas oposicións. Menos mal, aínda que intentou votarlle a culpa o bipartito,  sendo eles os que non quixeron cos sindicatos participaran nos tribunais.

No ano 2006, por perder un  sexames cesaron o director xeral, subdirectores e xefes de servizo, agora con tódalas  filtracións e tódolos motivos de recusación ou abstención que teñen, nin  ninguén dimite (non teñen o que hai que ter), nin ninguén cesa a ninguén.

Que pais temos, é boa  verdade mexan por nos e aínda temos que dicir que chove. E chove!!!


Tags: oposicións, emprego, administracion, xunta, egap, funcionarios

Publicado por penadopico @ 7:31  | funci?n p?blica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios