Venres, 26 de Marzo de 2010


O CSI-F, sae na defensa do seu director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, os traballadores que viñan desenvolvendo o traballo da Bolsa de Aluguer, rematan o contrato o 30-03-2010, e vanse a rúa, xa que a Xunta pechou o decreto aprobado polo bipartito e aínda non aprobou o novo decreto.

Nunca vin que un sindicato, e menos o CSI-F, saia en defensa da administración e en contra dos traballadores que se van a rúa, pero claro o Sr. Bone foi en numerosas ocasións candidato nas listas do CSI-F, polo que cumpre saír na súa defensa.

Di o CSI-F, que tardaran, os funcionarios,  tres ou catro dias en poñerse  ó día e despois xa todo se desenvolverá normalmente, pois si,  sobre todos se os funcionarios que van a contratar son do CSI-F, pobres de nos bos exemplos temos porque cando non están no café, están de inspección, cando non están de vacacións, outros van no médico, outros... mellor non seguir.

Doulle a razón de que os servizos públicos deberan estar xestionados pola administración, pero non di toda a verdade dado que parece ser que van montar unha empresiña, ou xa a terán montada os amigos do PP, de asesoramento e acompañamento  entón señores do CSI-F, para que a Xunta vai contratar  esta empresiña?

É mentira o do aforro, porque primeiro van contratar xente para xestionar as axudas nas oficinas da administración e despois van contratar unha empresa que será a que xestione as visitas as vivendas, faga os informes técnicos, asesore os arrendadores etc., etc., polo tanto é mentira que se aforre unha cadela, pero a iso xa estamos acostumados dende que chegou Feijoo o poder, chegou con mentiras e solo saben contar mentiras e enganar a xente, pero como di o refrán: “poderán enganar a algunha xente algún tempo, pero non poderán enganar a toda a xente todo o tempo”.


Tags: csi-f, administración, bolsa, aluguer, traballadores, igvs

Publicado por penadopico @ 9:59  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios