Xoves, 25 de Marzo de 2010

No  DOG de onte publícase unha Orde da Consellería de Facenda pola que  se acepta a renuncia os membros do tribunal de acceso o grupo A1 acceso libre e consolidación  da  Xunta de Galicia Javier Baltasar Fernández  e  Mª Dolores Seoane Viqueira como vogais titular e suplente.

Javier  Baltasar Fernández é xefe de servizo de programas orzamentarios la Dirección Xeral de Orzamentos da Consellería de Facenda e  presentouse a oposición do grupo A1 por promoción interna e sacou  de nota un 15 sobre 30, e Mª. Dolores Seoane Viqueira é  xefa de  servizo de análise de proxectos  na mesma dirección xeral   acadou un 14,500 na mesma oposición.

Resulta  que a presidenta do tribunal de acceso o grupo A1 consolidación e libre Lorena OteroLópez  (letrada da Xunta de Galicia)  do que eran membros Javier e  Dolores, é a súa vez secretaria do tribunal de promoción interna  no que participaban como opositores  Javier e Dolores, é dicir no tribunal de acceso  libre e consolidación eran compañeiros de tribunal e na oposición  de promoción interna unha era tribunal e os outros dous opositores,  total  todo queda na casa.

Imaxino  que con todo isto os opositores recorreran e terán que volver a  repetir os exames, e espero que a conselleira cese a estes dous  xefeciños un pouco listos, así como o director da Función Pública  que xa se ve que non serve, e se lle queda algo de dignidade deberá  presentar ela mesma a dimisión a Feijoo.

E  para rematar a última de Feijoo en Boqueixón, un discurso para a  historia o video estaba no enderezo que sinalo a continuación pero deberon de darlle un toque o que o colgou e xa desapareceu chamábase: "Señor Feijoo, que no nos calamos ostia!!

http://www.youtube.com/watch?v=4whwDtJCWDE

pero podedes atopalo aqui:

http://www.publico.es/espana/302983/feijoo/presidente/xunta/galicia/maria/mera/cena/nuevas/generaciones/pp

Tags: tribunal, oposición, galicia, exames, opositores, funcionario

Publicado por penadopico @ 7:47  | funci?n p?blica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios