M?rcoles, 24 de Marzo de 2010

 

A función pública galega parece un  circo. Primeiro non deixan participar os sindicatos nos tribunais das  oposicións, despois expulsan das oposición a varios opositores por  filtracións dos exames, agora dimiten dous membros dun tribunal  porque eles mesmos participan noutras probas como opositores,  vergonza lle había de dar a consellería de Facenda e o presidente  da Xunta, ambos funcionarios da Xunta de Galicia fai un tempo.

E se fose so isto, pero a desfeita non  remata aquí, teñen as RPT sen facer, teñen a centos de  funcionarios cesados   “a disposición” sen praza e pola contra  conceden comisións de servizos a destro e sinistro a funcionarios da  xunta dunha consellería para outra, da administración local, do  estado, todo vale, aínda que as comisións vaian mais aló dos dous  anos, das asistencias técnicas que realizan traballos dos funcionarios, mellor  xa non falar.

De pena,  esta función pública galega  esta  podre e o mellor que poden facer é dimitir o director xeral daFunción Pública e a conselleira de Facenda.


Tags: funcionarios, galicia, administración, oposicións, tribunais, probas

Publicado por penadopico @ 7:45  | funci?n p?blica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios