Martes, 23 de Marzo de 2010

A Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Infraestruturas, coñecida pola MATI, da que é  conselleiro o señor Hernández, imputado por certificar obras sen  executar, fixo unha auténtica criba cos funcionarios dende a súa chegada ó poder, e iso que ten como secretario da consellería a un home cabal e  ecuánime.

Cesaron a subdirectores, xefes de  servizo, habilitados...,   non quedou ninguén, non sei se o autor da  desfeita foi o propio conselleiro ou os seus secuaces que deron orden  de cargarse a todos os funcionarios do bipartito, e buscar nas  catacumbas a servos fieis; lóxico non sexa que saian  a luz as súas  falcatrúas.

Parece ser que non lle foi sinxelo  atopar xente, dáse o caso que o servizo da Axencia de Protección da  Legalidade Urbanística de Lugo leva vacante dende o mes de outubro  do ano pasado que cesaron a xefa que tiñan, e iso que a nomeara o  goberno Fraga, é mais, creo que a puxeron como xefa de servizo sendo  Alberto Nuñez, conselleiro de Política Territorial, se ven o que  non sei se naquela época o servizo dependía da súa consellería  (xa sería rizar o rizo) pois ben, esta praza ofertáronna en  comisión de servizos tres veces, esperemos que a terceira vaia a  vencida.

Apartaron a xente traballadora,  preocupada, independente e no seu lugar puxeron os seus amigos vagos  e  lacazáns, pero resulta que en moitos casos o tiro saíulles mal, e  agora como ven que as cousas non funcionan baixáronse os pantalóns  e recuaron e volveron a incorporar a algún cesado.

Manda chover!  tanto polo cesado como polo que ordenou o cese, a verdade é que  dignidade queda moi pouca e por uns patacóns véndese a nai.


Tags: mati, cese, funcionarios, persoal, conselleria

Publicado por penadopico @ 7:18  | funci?n p?blica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios