M?rcoles, 17 de Marzo de 2010


Celebrouse o debate sobre o estado da autonomía, para o PPG, todo esta moi ben, están satisfeitos deste ano de traballo. O  PSG di que foi un fracaso nas súas políticas de económicas,  de sanidade e un caos a educación e o recorte no gasto. No discurso do BNG cabe destacar o antigaleguismo de Feijoo,  o aumento do paro, o descenso da calidade dos servizos públicos, a desprotección do territorio.

O que eu podo observar na rúa é que Feijoo  chegou como unha novidade que viña a solucionar os problemas de tódolos galegos e unha gran parte de Galicia estaba ilusionada con este candidato, pero un ano despois o que vexo é decepción e non so nos que non o votamos, senón dentro do seu propio partido.

Se cando chegou a Xunta imaxinaba que íamos ter Feijoo para rato,  hoxe non penso o mesmo  e vexo a Feijoo sen rumbo, cun equipo mediocre, sen ideas e que pronto fará unha remodelación do seu goberno ante a ineptitude de moitos.


Tags: feijoo, goberno, galicia, autonomia, debate

Publicado por penadopico @ 7:37  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios