Venres, 12 de Marzo de 2010

O portavoz do PSOE no concello de San Cibrao das Viñas (Ourense) e Vicesecretario da executiva provincial deuse de baixa no PS de G e incorporouse o PPG, ese proxecto de Baltar.

Os políticos cambian de partido como de camisa, este non é o primeiro caso nin será o  último, como di un compañeiro meu por diñeiro venden ata a súa nai.

Di que comparte ideas, proxectos, e obxectivos..., será que comparte caciquismo, enchufismo, ... Que lle deron ou ofreceron a cambio deste cambio? Seguro que co tempo o saberemos, algo gordo debeu ser.

Esta claro que o 90 % dos políticos non están en política por beneficiarnos a vostede e a min están polo seu negocio particular e iso esta demostrado.

Cantos políticos coñece vostede honestos? Cantos alcaldes, deputados, conselleiros coñece que sairán da política co mesmo que entraron?


Tags: baltar, cacique, transfuga, politica

Publicado por penadopico @ 9:38  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios