Xoves, 11 de Marzo de 2010
O organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo dependente da Conselleríade Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, dirixida polo señor Hernández,  ese que esta procesado por certificar obras sen executar, ten o equipo  directivo mais nefasto de toda a súa historia.

Chegou a  mafia da construción e cargouse todo o que fixera o equipo do bipartito: plan  sectorial de vivenda, plan sectorial de parques empresariais (estes do goberno Fraga),  normas do hábitat axudas a rehabilitación tanto rural como en cascos históricos,  bolsa de aluguer, rexistro de demandantes de vivenda e pronto cargarase a lei de vivenda de Galicia.

Do  Rexistro de demandantes de vivenda protexida aprobaron un novo decreto para  regular tanto a vivenda de protección autonómica como a de promoción pública,  pero é tan nefasto que cada día teñen unhas intrusións distintas, un dia réxense   por unha norma e o dia seguinte pides información e dinche o contrario, é dicir,  non saben por onde andan.

Da bolsa  de aluguer derrogaron o decreto que estaba vixente, pero non aprobaron ningunha  normativa nova, polo que, tanto os propietarios dos pisos como os inquilinos  non saben por onde andan, solo saben que lles chegou unha carta de Xestur dicíndolles  que eles daban por finalizado a súa encomenda de traballo.

Axudas  para a rehabilitación de vivenda, non se sabe nada de nada o que che din e que  os importes das subvencións van ser inferiores as que había.

As  axudas que si están abertas son as do Ministerio de Vivenda para a rehabilitación,  pero de momento non se tramitou ningunha porque aínda están estudando o que vai  estar protexido e o que non.

Normasdo hábitat, aprobounas o consello da semana pasada, pero sempre para beneficiar  os amigos do ladrillo.

Plans  sectorias de vivenda e solo empresarial, ninguén sabe nada, iso pertence a  outra galaxia.

Isto  pasa cando se pon de responsable dun organismo a un inepto prepotente que se  rodea de lacazáns e preguiceiros.

É dicir,  pasou un ano do glorio Feijoo e nin EMPEZAMOS.


Tags: vivenda, solo, axudas, rehabilitacion, aluguer

Publicado por penadopico @ 7:28
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios