Luns, 08 de Marzo de 2010

Leo na prensa que 79 concellos galegos gastan mais do doble en persoal que en inversión. Esto non é ningunha novidade, todos sabemos que a administración local é a que mellor paga porque cada alcalde coloca no concello os seus amigos, familiares, veciños, etc., que a súa vez é un viveiro de votos cara as eleccións.

Todos coñecemos ben o caso da deputación de ourense onde Baltar ten contratados 82 porteiros. Por exemplo: unha sala de exposicións ten 2 portas e once porteiros no cadro de persoal e nos dous últimos anos contratou para ese edificio 22 porteiros eventuais. Será para vixiar que non rouben os cadros!

Os concellos estan cheos de débedas, como non van estar! Nos concellos pequeños o funcionario da quenda non chega ata as 10 da maña, pero eso cando ven, outras veces nin vai e cando esta saiu a tomar café, co que,  o traballo que faria un necesitan catro.

Nos concellos das cidades a cousa non mellora moito, antes das 9 non chega ninguen, depois saen tomar cafe, mais tarde o viño e as duas pechan a porta. E eu pregúntome, cantas horas traballan os funcionarios? Eu diríalles que esaxerando moito duas horas, co que se votamos contas sobra mais da metade do persoal dos concellos e deputacións.

Pero tranquilos que, ainda que os concellos esten a beira da quebra os funcionarios a rúa non van ir, porque é voto cautivo que ten que rendir pleitesia o político correspondente xa que foi o que o puxo ali.

Resumindo: se a administración central e autonómica funciona mal, a administración local non hai por onde collela, tíñamos que poñelos a todos na rúa dende os políticos que o permiten e fomentan ata o último funcionario por vagos.

 


Tags: débeda, concello, galicia, funcionario, administración

Publicado por penadopico @ 7:39  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios