Xoves, 04 de Marzo de 2010

Leo na prensa que unhas vivendas sociais de Lugo foron saqueadas antes de ser entregadas. Ditas vivendas levan xa varios anos rematadas, pero non se poden entregar xa que non poseen licenza definitiva que o concello de Lugo non da porque non cumpren a normativa vixente e enton é imposible entregalas os adxudicatarios.

A prensa dí que non estan as listas definitivas, pero parece ser que non é certo dado que os problemas que habia cos adxudicatarios foron resoltos no seu momento polo programa de chavolismo co concello de Lugo.

Din que estas vivendas sociais foron mercadas fai uns 6 anos a un constructor que no nas daba vendido e ofertounas o Instituto Galego da Vivenda e Solo. Foron mercadas polo actual director xeral de vivenda Antonio Bone (naquela época delegado provincial da conselleria e do IGVS) e sendo director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo o señor Redondo (tamén de Lugo), que actualmente parece ser que é asesor do actual director xeral e que esta presente en varios consellos de administración dos Xestur.

E eu pregúntome, como o sr. Bone mercou unhas vivendas que non cumprian coa normativa vixente sendo el arquitecto? Ou foi có proxecto si cumplia e o construtor non se adaptou o proxecto? Quen é o responsable? Quen foi o director de obra? Quen por parte da administración recibiu as obras se non se adaptaban o proxecto aprobado?

Se estas vivendas non obteñen a licenza definitiva, non se van esixir responsabilidades a ninguen? Imaxino co sr. Bone estará esperando como auga de maio que señan as eleccións municipais por se as gaña o seu amigo Castiñeira e enton lle da  a licenza.

O que deberia facer o sr. Bone é dimitir por incompetente e dedicarse o seu estudo de arquitectura, se é que ten clientes.


Tags: vivenda, sociais, lugo, bone, redondo, saqueo

Publicado por penadopico @ 7:42  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios