M?rcoles, 03 de Marzo de 2010

Cumpriuse un ano en que o PPG gañou por maioría absoluta as eleccións en Galicia e o presidente celebrouno no Vaticano coa súa parella xunto co arcebispo de Santiago.

Neste ano non vimos que a parella de Feijoo o acompañase nas súas viaxes, por iso é significativo que apareza con el no Vaticano xunto ó Papa, igual lle foron pedir a súa intercesión para poder casarse,  xa que todo un presidente da Xunta e do PP non estaría ben visto que se casara civilmente.

E tamén para celebrar ese triunfo aprobouse a nova lei do solo que legalizará as vivendas ilegais. Serán cualificadas como fora de ordenación, e os donos poderán facer obras de rehabilitación, melloras, consolidación e incluso ampliación nestas vivendas anteriores o 1 de xaneiro de 2003.

Como se demostra a mafia da construción é a que pon as normas e manda no urbanismo galego cos seus máximos responsables sendo xuíces e parte.

Pois nada señores construtores a mandar que para iso estamos.


Tags: goberno, feijoo, vaticano, galicia

Publicado por penadopico @ 7:45  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios