Xoves, 25 de Febreiro de 2010

Parece que o goberno central estase plantexando conxelar os soldos dos funcionarios para os anos 2011 e2012.

Realmente é algo que se podia esperar dado a situación de crise que se vive e posto que o goberno necesita aforrar e tomar medidas que a opinion  pública aplauda posto que acércanse as  eleccións municipais no 2011 e as  estatais no 2012.

Os funcionarios son unha  casta especial, cando entran na administración,  sobre todo se son mozos, chegan cheos de ilusións por ter un traballo  fixo e con  ansias de comerse o mundo, pero segundo vai pasando o tempo  as  ilusións transfórmanse en decepcións e falta de motivación.

Os  mais veteranos, xa estan curtidos  polo que fan duas cousiñas e xa se  hernian; podes ver os privilexios  que teñen algúns: por exemplo  inspectores (os que van o campo), non  se sabe nin cando entran nin cando   saen. Eu teño unha inspectora de  educación que vexo a miudo sair da súa  casa as 9 da maña, que eu  saiba o horario para os funcionarios da Xunta  é de 8:45 a 15:15; ela  debe ter un horario especial.

Despois  temos as mulleres de algúns  políticos, esas nin tocalas!  Entran as nove,  esto no no fan porque  non o levan elas, o outro tampouco porque non lles  corresponde, etc.

Temos  algún funcionario, actual  director xeral, que ainda que antes das oito  da maña estaba na  oficina, no resto do tempo nin se lle via, nin se  esperaba... con  estes antecedentes, que cabe esperar?

E  o colmo é cando quedan catro funcionarios que traballan, e chega unnovo goberno de iluminados e como eses catro funcionarios non son do  seu agrado polo motivo que sexa, césannos a todos e poñen no seu sitioa catro ineptos amigos.

A  algúns funcionarios en vez de  pagarlles o soldo tiñan que pagar eles por  telos nos despachos.Realmente os funcionarios son unha casta   prililexiada en tódasla   administracións e sobre todo na local é unhaauténtica vergonza  polo que eu voto que terminarán desaparecendo e  privatizando a   administración como de feito se esta facendo.


Tags: salario, funcionarios, administración, conxelación

Publicado por penadopico @ 7:39  | funci?n p?blica
Comentarios (0)  | Enviar
M?rcoles, 24 de Febreiro de 2010

Despois dunhos dias de descanso retomamos de novo este blog. Temos moitos frentes abertos: lei de caixas, idioma galego, dietas dos deputados, a guerra do PP en Ourense, as protestas do traballadores do INEN polo reparto da produtividade, ceses na conselleria de Medio Ambiente a destro e sinestro...

Hoxe falaremos das dietas do señorito de Allariz Rodriguez Miranda, ese que ten aspecto de yuppi, con cara de espelido e astuto, ese que colocou Nuñez Feijoo de número 3 e portavoz do PP. Parece ser que cobrou dietas que non lle correspondian porque viaxaba en coche oficial co membro da mesa o Baltar Blanco.

Di a prensa que “Toñito de Allariz”, cobrou 26.000 € en concepto de gastos de desprazamento na pasada lexislatura. E por enriba este señorito ten a pouca vergonza de dicir que devolvera o importe se llo reclaman. Ver para crer!

Pero escoiten: estes non son aqueles íntegros, honestos, traballadores, que predicaban nos mítines? Non dician que era o bipartito o que despilfarraba? Os que andaban en Audis non eran os do bipartito? Claro andaban porque os comprara Fraga e Alberto. Pois como poden ver, os honestos cobran por conceptos que non lle corresponden e por enriba é un concepto que non se declara a Facenda no IRPF, é decir, todo beneficio por eso lles gustan tanto a tódolos políticos.

Estes son os representantes que elixiu o pobo galego, estes son os que chegaron e alugaron coches de gama alta para non andar cos Audi (que eles mesmos mercaron), mentres os Audi estan aparcados no garaxe podrecendo


Tags: allariz, miranda, parlamento, galicia, dietas, PPG

Publicado por penadopico @ 7:31  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Luns, 22 de Febreiro de 2010


A min tamen me educaron en galego e non sain de todo mal, comenza unha campaña en defensa da nosa lingua: orgullosos do noso, orgullosos do galego. Fachenda de ser galegos e falar galego.

http://www.youtube.com/watch?v=Yt21eN_uW3k


Tags: galicia, idioma, galego

Publicado por penadopico @ 23:12  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Venres, 05 de Febreiro de 2010

O goberno español aprobou no ultimo  consello de ministros do mes de xaneiro un plan para reducir o déficit público, e entre outros acordos pretende reducir o gasto en funcionarios.

Uns días antes o servizo de estudos do BBVA propoñia  o recorte do peso dos salarios dos funcionarios no PIB.

O que esta claro é que a  administración, e con ela os funcionarios, necesita unha reforma en  profundidade. A administración do estado e a autonómica funcionan  mal, pero a local (e tomemos como exemplo a deputación de Ourense  que con 3 portas ten 34 porteiros), esa non hai quen a salve.
Temos  unha administración que non é nin eficaz, nin eficiente. Os expedientes tardan meses, cando non anos en resolverse, o papeleo é  inmenso, teoricamente segundo decretos, ordes... xa non necesitas  presentar nin o IRPF, nin o DNI, pero despois chegas alí e dinche que necesitas presentalo, é dicir, as normas din unha cousa  e  despois non se cumpre  e se non o presentas quen se fastidia é o  administrado.

E que dicir dos funcionarios, sobran senon a metade si a terceira parte. Van a traballar as nove da maña,  outros ainda mais tarde, outros nin van estan de baixa, ou póñense  enfermos cada dous por tres. Os que van pásanse a maña lendo o  periodico, falando uns con outros, xogando o solitario, mandando  correos, etc. Resumindo traballan unha hora en toda a maña, porque  despois teñen que tomar cafe,  tomar o viño da mediodia... Esto non  hai pais que o resista.

Quen ten a culpa disto? Os políticos  cas suas prevendas, prevendas aos amigos e como os demais non son  tolos, fain o que ven.

En fin, que esta administración  necesita unha reconversión como a do naval do primeiro goberno  socialista.


Tags: administración, funcionarios, reconversión

Publicado por penadopico @ 7:42
Comentarios (0)  | Enviar
Martes, 02 de Febreiro de 2010

Se vostede se quere inscribir no rexistro de Demantes de Vivenda Protexida deberá cumplir os requisitos para acceder a unha vivenda de protección oficial, é dicir: non ter vivenda e ter uns ingresos superiores a 0,7 e inferiores a 2,5 no caso das vivendas de promoción pública e 5,5 nos casos de vivendas de protección oficial.

Deberá acreditar que reune os requisitos no momento da inscrición, pero ollo, se vostede tarda 6 meses ou mais en ser adxudicatario dunha vivenda cando saia como adxudicatario deberá outra vez acreditar que reune os requisitos, en caso de non reunilos será excluido.

Na inscrición sinalarase un máximo de 3 concellos un como preferente e 2 como subsidiarios, que segundo o decreto deberán ser limítrofes ou na área de influencia, pero que entende o IGVS cómo área de influéncia? Non se sabe.

No caso das vivendas de promoción provida o promotor unha vez que teña a cualificación provisional, poderá pedir a selección dos adxudicatarios, para elo publicarase o anuncio da promoción na páxina web do IGVS, nun xornal, nos taboleiros de anuncios do IGVS e no concello onde se localicen as vivendas.

A partir dese momento os interesados teñen un prazo de 15 días para dicir que estan interesados, ollo que se non o fan non entran no sorteo.

Pero se vostede non se inscribiu, e quedan vivendas vacantes por resolución do xefe territorial de Medio Ambiente pódeselle adxudicar a vivenda.

Así mesmo, dise que a promotora deberá manter nun lugar visible a lista de vivendas coas reservas e que no caso de non facelo poderá ser sancionada. Pero se tan siquiera controlan as súas vivendas de promoción pública nas que teñen a xente con tremendos chalets, xente que non paga nin nunca pagou na vida, vivendas baleiras, etc. vanse preocupar dunha lista dos seus amigos promotores, ja...ja...ja...

E se o promotor non vende as vivendas pode descualificalas a carta: por plantas, por pisos, como mais lle guste.

En resumen un decreto para favorecer os amigos constructores, e adxudicar as vivendas a quen mais nos conveña sen que ninguen se entere xa que todo é via web.


Tags: demandantes, vivenda, rexistro, galicia, sorteo, adxudicatario

Publicado por penadopico @ 7:13  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Luns, 01 de Febreiro de 2010

O pasado mes de xaneiro saíu publicado no DOG., a nova normativa que rexerá o Rexistro de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia.

Hai cambios significativos respecto o anterior, no caso das vivendas de promoción pública desaparecen os cupos, é dicir, se antes pertencías a un grupo  como puideran ser: menor de 35 anos, casos de violencia de xénero,  persoas con minusvalía, persoas con risco de exclusión social; non aparecen no novo decreto simplemente limítase a dicir que “por acordo da Comisión Provincial de Vivenda poderanse establecer as reservas de conformidade co establecido no artigo 55 da Lei de vivenda de Galicia”. Co que de antemán o IGVS non vai coñecer estas necesidades e se a Comisión Provincial establece algún cupo destes, como vai saber que persoas son as que reúnen os requisitos?

Por outra parte as vivendas de promoción pública de segundas transmisións teñen que venderse a través, do Rexistro de Demandantes, pero a oferta de vivendas vaise facer só a través da páxina web da consellería co que ninguén se vai  enterar, salvo que o vendedor teña xa un comprador e entón éste este pendente de cando se publica na páxina da consellería a oferta da vivenda ou no caso dos profesionais que se adican este negocio, xa que  para poder comprala hai que comunicar que se esta interesado ante o IGVS no prazo de 15 días, é dicir, non serve so con estar inscrito.

Por outra banda as persoas con ingresos inferiores a 0,7 o IPREM, non se poden inscribir no Rexistro,  co que dun plumazo se cargan a todo o que teña ingresos en diñeiro negro, ou xente con ingresos mínimos.

Isto so para promoción pública, pero hai mais cambios, maña seguimos co tema.


Tags: demandantes, vivenda, rexistro, galicia, IGVS

Publicado por penadopico @ 12:37  | outros
Comentarios (0)  | Enviar