Luns, 01 de Febreiro de 2010

O pasado mes de xaneiro saíu publicado no DOG., a nova normativa que rexerá o Rexistro de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia.

Hai cambios significativos respecto o anterior, no caso das vivendas de promoción pública desaparecen os cupos, é dicir, se antes pertencías a un grupo  como puideran ser: menor de 35 anos, casos de violencia de xénero,  persoas con minusvalía, persoas con risco de exclusión social; non aparecen no novo decreto simplemente limítase a dicir que “por acordo da Comisión Provincial de Vivenda poderanse establecer as reservas de conformidade co establecido no artigo 55 da Lei de vivenda de Galicia”. Co que de antemán o IGVS non vai coñecer estas necesidades e se a Comisión Provincial establece algún cupo destes, como vai saber que persoas son as que reúnen os requisitos?

Por outra parte as vivendas de promoción pública de segundas transmisións teñen que venderse a través, do Rexistro de Demandantes, pero a oferta de vivendas vaise facer só a través da páxina web da consellería co que ninguén se vai  enterar, salvo que o vendedor teña xa un comprador e entón éste este pendente de cando se publica na páxina da consellería a oferta da vivenda ou no caso dos profesionais que se adican este negocio, xa que  para poder comprala hai que comunicar que se esta interesado ante o IGVS no prazo de 15 días, é dicir, non serve so con estar inscrito.

Por outra banda as persoas con ingresos inferiores a 0,7 o IPREM, non se poden inscribir no Rexistro,  co que dun plumazo se cargan a todo o que teña ingresos en diñeiro negro, ou xente con ingresos mínimos.

Isto so para promoción pública, pero hai mais cambios, maña seguimos co tema.


Tags: demandantes, vivenda, rexistro, galicia, IGVS

Publicado por penadopico @ 12:37  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios