Xoves, 28 de Xaneiro de 2010

O PP de Ourense esta coas espadas no mais alto. Rajoy chamou a Baltar para intentar chegar a  un acordo despois de que Feijoo non conseguise nada, pero parece que non hai acordo e que as espadas seguen no alto.

A proposta era a integración na lista de Baltar de Jimenez, Rogelio Martinez e Ojea, pero Baltar non acepta, lóxico se acepta nun plis plas fanse co poder e póñeno na rúa e diso sabe moito Baltar, xa que foi o que fixo con Victorino Nuñez cando se foi de presidente do Parlamento Galego.

Coñecín un alcalde do PP que dicía “os votos son meus” e de verdade que era certo, cando se foi (ou o botaron) dixéronme que na campaña electoral o viran co candidato da oposición e que fixera campaña para este. En verdade debeu ser certo xa que o candidato do PSOE, de estar na oposición pasou a ter maioría absoluta. A Baltar pásalle o mesmo, sobre todo no rural.

E mais, creo que Baltar non esta solo nisto. O pasado día 23 na “Voz de Galicia” saíu unha páxina enteira coa antiga secretaria do PP de Lugo, onde di que en Lugo hai tres sectores, o de Garcie Diez, o de Cacharro e o terceiro que non cita que debe ser o de Castiñeira e a actual  superdelegada Raquel Arias, sector do birrete.

Eu vexo nisto un aviso a navegantes, un aviso a Feijoo “ollo que Baltar non esta so, se el se vai o mellor non é o único”.  Feijoo conta co apoio absoluto  na Coruña da man do seu amigo Negreira, pero esta claro que en Pontevedra, Ourense e Lugo pódenlle dar as costas.

Isto esta que arde, veremos que pasa o día 30  en Ourense.


Tags: PPG, ourense, congreso, birrete, rural, baltar

Publicado por penadopico @ 7:20  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Martes, 26 de Xaneiro de 2010
O vindeiro sabado 30 vanse celebrar en Silleda as oposicións de promoción interna o grupo C1, da Xunta de Galicia.
A limpeza das oposición a Xunta estan en entredito, e sobre todo despois do que pasou con anterioridade cando se descubriu que se filtraran exames e que varios opositores coñecian o exame antes de realizalo.
Isto non é novo na Xunta de Galicia, non sei como será pero xa temos antecedentes cando un alto cargo da Xunta, (que ainda hoxe segue) meteu a toda a familia da súa "amiga íntima", e incluso sendo él presidente do tribunal e súa cuñada (nunca chegou a ser posto que el non se separou da muller) opositora por promoción interna e tendo so 3 prazas esta aprobou a oposición, claro é unha familia moi intelixente.
Neste oposición do grupo C,  hai varios indicios polos que os opositores teñen dúbidas de que sexan limpas.
Explicareilles, entre outros, presentase a muller dun deputado do PP, e futuro candidato a alcaldia dunha das vilas mais importentes de Galicia, así mesmo presentase unha amiga íntima dun director xeral e varios compañeiros de viños dun alto cargo.
O tribunal teno complicado, dado que o alto cargo ten a varios subordinados no tribunal que poden ser presionados.
Quizais non pase nada e tódolos membros se comporten honestamente e non filtren preguntas e non se sintan presionados polo superior, pero se algún membro non é honesto e filtra preguntas enton todo o tribunal vai estar en entredito.

Tags: oposicions, xunta, administración, galicia, funcionarios

Publicado por penadopico @ 7:37
Comentarios (0)  | Enviar
Venres, 22 de Xaneiro de 2010


Video en YouTube da manifestación en Santiago de Compostela en contra do decreto Feijoo do galego  o día 21-01-2010


http://www.youtube.com/watch?v=kobNsHyJJgA


Tags: galego, manifestación, galicia, ensino

Publicado por penadopico @ 22:00  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Xoves, 21 de Xaneiro de 2010


Hoxe folga xeral no ensino en Galicia, nótase nas rúas que a primeira hora da maña estaban baleiras, por falta dos estudantes.

Feijoo, segue erre que erre, pero é que non contenta a ninguén.  Na cadea dos bispos entrevistouno a  periodista Cristina López Schlichting e abroncouno porque segundo ela os pais queren que os seus fillos estuden en castelán e non lle gusta o decreto de Feijoo.

Pobre decreto que non contenta a ninguén: nin os profesores, a RAG, as universidades, a Galiza monolingüe, a cadea dos bispos, nin PSOE, nin BNG, e eu pregunto a quen lle cargaran o morto?  Seguro que Feijoo termina responsabilizando a alguén de todo este lio, será o conselleiro de Educación? Será o director xeral de Política Lingüística? Seguro que algún deste non chega o san martiño.

Imos dicir como dicía Aznar a Felipe González: "váiase señor Feijoo"

Aínda que hoxe non podo estar en persoa na manifestación en Compostela, estarei de corazón.


Tags: folga, ensino, galego

Publicado por penadopico @ 12:22  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Martes, 19 de Xaneiro de 2010




Parece ser que Jose Blanco, o ministro de Fomento, pretende reducir os salarios dos controladores aéreos.

Segundo o ministro o salario medio deste profesionais esta sobre os 350.000 € anuais, que serían uns 29.166 € mensuais, un salario que algún traballador non o gaña en todo o ano, el preténdeo reducir a 200.000 €, que ven ser uns 16.666 € mensuais, que xa  non esta nada mal, moitos asinaríamos por ese salarios ata anualmente, sobre todo os que están parados.

Eu non entendo como se puido permitir que estes señores chegaran a estes salarios.

Con esta redución salarial pretende rebaixar as taxas de navegación nun 15% anual para ser competitivo en relación o resto da UE, e así rebaixar o déficit de AENA.

Imaxino que o 99% dos españois estarán de acordo con esta iniciativa (excepto os controladores), do que me alegro sobre todo porque Blanco é galego, pero me temo que neste ano as folgas, declaradas ou non, van ser moitas e como teñamos que viaxar en avión, as esperas nos aeroportos serán longas.


Tags: aeroportos, aena, controlador, blanco

Publicado por penadopico @ 13:58  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Luns, 18 de Xaneiro de 2010

Di un antigo proverbio, non sei se árabe ou chino, “séntate a porta da túa casa e verás pasar o cadaver do teu inimigo”. Isto penso que lle vai pasar a Feijoo co tema do galego.

Explícome, hai uns días o goberno Feijoo, aprobou o proxecto de decreto do galego no ensino, pois ben, a ninguén lle gusta. Non lle gusta o PSOE, nin o BNG, nin a RAG, nin o ensino que xa ten unha folga convocada para o día 21 cunha manifestación en Santiago de Compostela, nin lle gusta a súa amiga de galicia monolingüe, nin lle gusta a parte do seu propio partido.

Parece ser, que a señora Lago pretendía que os pais elixiran o idioma das materias troncales dos seus fillos, amañados estamos  se nos deixaran facer iso, tamén pediremos que nos deixen escoller as materias que queremos que dean os nosos fillos.

O que non debe ser é que o idioma galego sexa o idioma das “marías”, pero o que eu non vexo claro é como se vai levar a cabo a incorporación do inglés nas materias porque a maioría dos profesores non están preparados, xa se viu en Valencia, e os alumnos tampouco.

Tamén me parece un absurdo que os pais en educación infantil escollan o idioma, os meus fillos na casa nunca se lles falou en castelán e nunca tiveron problema para falar ese idioma, nin para escribilo, nin para relacionarse cos compañeiros, nin nunca tiveron ningún trauma.

Non esta mal iso de incorporar o inglés o ensino pero, como? Ese si é o problema. Imaxino que será dende educación infantil, porque se hoxe a un rapaz de 8, 12 ou 14 anos lle pretendemos dar as clases en inglés sen dominar o idioma vai ser un rotundo fracaso, aparte de que os profesores, a maioría deles, non están preparados.

Por iso o proverbio, o galego pode ser o cadaleito de Feijoo, se a oposición sabe medir os tempos.


Tags: feijoo, galego, ensino, idioma

Publicado por penadopico @ 7:40
Comentarios (0)  | Enviar
Luns, 11 de Xaneiro de 2010

Agora das irregularidades que cometen os políticos, teñen a culpa os funcionarios. Resulta que no concello de O Saviñao, na provincia de Lugo o Tribunal de Contas detectou irregularidades nas contas do ano 2006, pero estas irregularidades parece que xa veñen dende o ano 2002, que as detectou e puxo en coñecemento do alcalde co correspondente informe a interventora que tiña nese momento o Concello. Pero o alcalde dí que él non é responsable, que os responsables son dous funcionarios que agora xa non estan no concello.

Os políticos son como son, e para eles “ancha é Castela”, non se toman  medidas dado que o concello acostuma a ser o seu “chiringuito” particular para facer e desfacer o seu antollo.

Agora o alcalde de O Saviñao, o tenente de alcalde e o tesoreiro teñen as nóminas embargadas ata un importe de 80.367 €.

Eu pregúntome, cando se van tomar medidas na administración local para que non sexa o “chiringuito” do político da quenda que se perpetua no poder? Da igual que o político sexa do PP, PSOE ou BNG tan pronto chegan o poder  e levan un tempo, crense os reis, os todopoderosos e  fan e desfan como se fose a súa casa e non se dan conta que eles están para servir a tódolos cidadáns, sexan ou non das súas ideas.

Sen embargo, o que mais lles gusta é vender favores e incluso algún despois de levar vinte anos no poder, pretende que sexa herdada a súa praza por algún fillo/a que xa meteu na política.

Que pais!


Tags: concello, alcalde, politico, contas, chiringuito

Publicado por penadopico @ 10:32  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Venres, 08 de Xaneiro de 2010

As novas xeracións do PP organizaron unha subasta dunha cea con Feijoo para recadar fondos para os reis magos e entregar xoguetes os nenos  necesitados.

Parece que semellante evento non tivo demasiado éxito, o  importe da cea acadou a cantidade de 1.300 €, o incauto seria familiar dalgún deles.

En primeiro lugar có presidente da Xunta de Galicia, se preste a participar en semellante circo non me parece propio.  Non  é que estea mal recadar fondos para os nenos necesitados o que esta mal é o  xeito.

Vexamos, se estes nenos “pijos”,  en vez de mercan uns zapatos de Manolo Blahni de 400 € como mínimo, unha camisa de Prada de 300 o un bolso de Gucci de mais de 800 €, mercan uns zapatos de 90 €, unha camisa de 30 € e un bolso de 30 €, quedaríalles 1.350 € a un so, se son tantos como din,  imaxínense o que poderían recadar para os nenos necesitados e non teñen que montar semellante espectáculo.

Parece ser que en total recadaron uns 3.000 €, porca  miseria, e por enriba quitaríanlle o diñeiro a xente humilde. Que dean exemplo e empecen apertando o cinto eles mesmos.

Esquecíame, que o 2010 lles traia a todos: traballo, saude, ...


Tags: cea, subasta, feijoo, xoguetes, nenos

Publicado por penadopico @ 13:26  | politica
Comentarios (0)  | Enviar