Xoves, 28 de Xaneiro de 2010

O PP de Ourense esta coas espadas no mais alto. Rajoy chamou a Baltar para intentar chegar a  un acordo despois de que Feijoo non conseguise nada, pero parece que non hai acordo e que as espadas seguen no alto.

A proposta era a integración na lista de Baltar de Jimenez, Rogelio Martinez e Ojea, pero Baltar non acepta, lóxico se acepta nun plis plas fanse co poder e póñeno na rúa e diso sabe moito Baltar, xa que foi o que fixo con Victorino Nuñez cando se foi de presidente do Parlamento Galego.

Coñecín un alcalde do PP que dicía “os votos son meus” e de verdade que era certo, cando se foi (ou o botaron) dixéronme que na campaña electoral o viran co candidato da oposición e que fixera campaña para este. En verdade debeu ser certo xa que o candidato do PSOE, de estar na oposición pasou a ter maioría absoluta. A Baltar pásalle o mesmo, sobre todo no rural.

E mais, creo que Baltar non esta solo nisto. O pasado día 23 na “Voz de Galicia” saíu unha páxina enteira coa antiga secretaria do PP de Lugo, onde di que en Lugo hai tres sectores, o de Garcie Diez, o de Cacharro e o terceiro que non cita que debe ser o de Castiñeira e a actual  superdelegada Raquel Arias, sector do birrete.

Eu vexo nisto un aviso a navegantes, un aviso a Feijoo “ollo que Baltar non esta so, se el se vai o mellor non é o único”.  Feijoo conta co apoio absoluto  na Coruña da man do seu amigo Negreira, pero esta claro que en Pontevedra, Ourense e Lugo pódenlle dar as costas.

Isto esta que arde, veremos que pasa o día 30  en Ourense.


Tags: PPG, ourense, congreso, birrete, rural, baltar

Publicado por penadopico @ 7:20  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios