Luns, 18 de Xaneiro de 2010

Di un antigo proverbio, non sei se árabe ou chino, “séntate a porta da túa casa e verás pasar o cadaver do teu inimigo”. Isto penso que lle vai pasar a Feijoo co tema do galego.

Explícome, hai uns días o goberno Feijoo, aprobou o proxecto de decreto do galego no ensino, pois ben, a ninguén lle gusta. Non lle gusta o PSOE, nin o BNG, nin a RAG, nin o ensino que xa ten unha folga convocada para o día 21 cunha manifestación en Santiago de Compostela, nin lle gusta a súa amiga de galicia monolingüe, nin lle gusta a parte do seu propio partido.

Parece ser, que a señora Lago pretendía que os pais elixiran o idioma das materias troncales dos seus fillos, amañados estamos  se nos deixaran facer iso, tamén pediremos que nos deixen escoller as materias que queremos que dean os nosos fillos.

O que non debe ser é que o idioma galego sexa o idioma das “marías”, pero o que eu non vexo claro é como se vai levar a cabo a incorporación do inglés nas materias porque a maioría dos profesores non están preparados, xa se viu en Valencia, e os alumnos tampouco.

Tamén me parece un absurdo que os pais en educación infantil escollan o idioma, os meus fillos na casa nunca se lles falou en castelán e nunca tiveron problema para falar ese idioma, nin para escribilo, nin para relacionarse cos compañeiros, nin nunca tiveron ningún trauma.

Non esta mal iso de incorporar o inglés o ensino pero, como? Ese si é o problema. Imaxino que será dende educación infantil, porque se hoxe a un rapaz de 8, 12 ou 14 anos lle pretendemos dar as clases en inglés sen dominar o idioma vai ser un rotundo fracaso, aparte de que os profesores, a maioría deles, non están preparados.

Por iso o proverbio, o galego pode ser o cadaleito de Feijoo, se a oposición sabe medir os tempos.


Tags: feijoo, galego, ensino, idioma

Publicado por penadopico @ 7:40
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios