Luns, 11 de Xaneiro de 2010

Agora das irregularidades que cometen os políticos, teñen a culpa os funcionarios. Resulta que no concello de O Saviñao, na provincia de Lugo o Tribunal de Contas detectou irregularidades nas contas do ano 2006, pero estas irregularidades parece que xa veñen dende o ano 2002, que as detectou e puxo en coñecemento do alcalde co correspondente informe a interventora que tiña nese momento o Concello. Pero o alcalde dí que él non é responsable, que os responsables son dous funcionarios que agora xa non estan no concello.

Os políticos son como son, e para eles “ancha é Castela”, non se toman  medidas dado que o concello acostuma a ser o seu “chiringuito” particular para facer e desfacer o seu antollo.

Agora o alcalde de O Saviñao, o tenente de alcalde e o tesoreiro teñen as nóminas embargadas ata un importe de 80.367 €.

Eu pregúntome, cando se van tomar medidas na administración local para que non sexa o “chiringuito” do político da quenda que se perpetua no poder? Da igual que o político sexa do PP, PSOE ou BNG tan pronto chegan o poder  e levan un tempo, crense os reis, os todopoderosos e  fan e desfan como se fose a súa casa e non se dan conta que eles están para servir a tódolos cidadáns, sexan ou non das súas ideas.

Sen embargo, o que mais lles gusta é vender favores e incluso algún despois de levar vinte anos no poder, pretende que sexa herdada a súa praza por algún fillo/a que xa meteu na política.

Que pais!


Tags: concello, alcalde, politico, contas, chiringuito

Publicado por penadopico @ 10:32  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios