Xoves, 31 de Decembro de 2009




Como é costume o goberno de freijolito, remata o ano cunha mala noticia: a aprobación do proxecto de decreto do galego reducido a un 33%. Por un día esquenzámonos de Feijoo e do seu séquito e sexamos felices.

Deséxovos duas cousas na vida: TODO E NADA. Todo o que vos faga feliz y nada que vos faga sufrir.

A todos e todas: FELIZ 2010

Publicado por penadopico @ 8:34  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Martes, 29 de Decembro de 2009

Acabo de ver a manifestación de “Siareiros Galegos” en Compostela o pasado día 28 en defensa da selección de Galicia, cousa que teñen noutras autonomías gobernadas polo PP, e non entendo como se pode mandar a tanta policía para tan pouca xente, miren e xulguen vostedes.

 http://gzvideos.info/ssgg-jornada-pola-oficialidade-das-seleccons-desportivas-nacionais/


Non teño nada que dicir, as imaxes din mais cas palabras.
Unha vergonza tanto da Federación Galega de Futbol, como do goberno de Feijoo.

Tags: galicia, futbol, selección, galega, manifestación, siareiros

Publicado por penadopico @ 7:52
Comentarios (0)  | Enviar
Domingo, 27 de Decembro de 2009

 

Grazas a “Siareiros Galegos”, a selección galega  de fútbol  xogou o correspondente partido que como viña  sendo habitual nos últimos anos acontecía por estas datas.

Pero o señorito Feijoo e toda a súa “trouppe” negáronse a  colaborar para organizar este evento, claro  ó señorito Feijoo e compañía as iniciativas galegas interésanlle pouco, se fose a selección española seguro que  estarían en primeira liña regalando diñeiro a destro e sinistro, pero para que xogue unha selección galega para iso non teñen cartos. Iso que xoga a selección catalana, a vasca, a andaluza, etc. etc.

Si teñen cartos para irse de viaxe polas Américas, para renovar a decoración dos despachiños dos altos cargos,  para facer obriñas innecesarias, para  pagarse dietas,  para seguir pagando o  plus de altos cargos, para pagar soldos millonarios os conselleiros da telegaita, para iso si, para a selección non.

Galicia ten alma, Galicia ten espírito, Galicia é algo mais  que o folclore da gaita que eles montan no Obradoiro.  Galicia un dia volverá a  falar e tal como lles deu a maioría absoluta tamén lle la ha de quitar.

Grazas “Siareiros Galegos”, grazas a todos aqueles que  colaboraron na celebración deste evento deportivo e grazas a todolos que asistiron ó partido, Galicia vale isto e moito mais.


Tags: siareiros, galegos, futbol, selección

Publicado por penadopico @ 19:44  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Martes, 22 de Decembro de 2009

O mesmo día que o PP aproba o Código Ético de Boas Prácticas, para os seus afiliados e traballadores, elíxese alcalde de Arrecife a un concelleiro do PP co voto de dous edís imputados por presunta corrupción urbanística  e administrativa.  Dita trama corrupta  afecta o Cabildo insular e ós  concellos  de Arrecife, Yaiz y Tinajo, así como a Cámara  de Comercio.

Estas son as contradicións do PP, de cara a galería vende o  seu código ético, e por outra banda pacta cos corruptos.

O máximo responsable deste Comité é o ex conselleiro e ministro do PP Romay Becaria, home do OPUS e mentor do presidente da Xunta.

Home, o código ético boa falta lle facía, o caso e que se leve a termo e mais dificil.  Todos sabemos que o chegar estas datas as procesións de xente cargada  con agasallos que desfilaba polos despachos e polas casas particulares dos  altos cargos, era todo un espectáculo: cestas, caixas... un goteo continuo.

Pero, acaso isto deixarase de producirse?, Non  o  creo,  o mundo empresarial, o mundo da construción ten como norma, o chegar estas datas, agasallar a aqueles que lles fan  favores durante todo o ano, eu penso que esta  costume non a van a perder, aínda que boa falta facía.

Na época das vacas gordas da construción, ata os simples  postos base de  determinados departamentos recibían agasallos de 60 €, así que ... imaxínense o que lles podía   caer os xefes!


Tags: ético, código, corrupción, agasallo, corrupto

Publicado por penadopico @ 7:30  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
M?rcoles, 16 de Decembro de 2009

A ineptitude do conselleiro de educación non ten límite. Chegou e armouna co idioma, despois os libros, despois os comedores escolares,... e como chegou o inverno e non sabia que facer armouna coa neve.

Nin que nunca nevara en Galicia, el debe ser do caribe e nunca viu a neve.

Home que suspenda as clases na alta montaña ten sentido, porque o transporte probablemente non poida pasar, pero nas grandes vilas non ten sentido ningún. Tódolos anos houbo neve, e nunca se suspenderon as clases, agora ben este iluminado e suspende as clases en tódolos niveles.

Manda chover, que dimita xa!


Tags: conselleiro, ensino, educación, neve, galicia

Publicado por penadopico @ 10:04  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
M?rcoles, 02 de Decembro de 2009

1 de decembro de 2009, parálise total na Xunta de Galicia.
Chegas a rexistrar un papel e di o funcionario: "non lle podo dar número porque non temos liña", vas a un departamento preguntar por un expediente e diche o funcionario: "non lle podo dicir como esta o expediente porque non temos liña", isto se tes sorte de que o funcionario che fale en galego, xa que o mais probable é que che diga: "no le puedo informar porque no tenemos liñea".
Que problema tivo onte a Xunta nas súas liñas para que non tiveran conexión en ningunha delegación en toda a maña?
Será que a parálise que esta a sufrir a Xunta dende que chegou o novo goberno terminoulle afectando as comunicacións e por iso onte na Xunta de Galicia os funcionarios estiveron toda a maña de brazos caidos, home, para a próxima avísenos e que se queden todos na casa durmindo que lles será de mais proveito.
Preguntabas que era o que pasaba e ninguén cho sabia dicir, só sabian que non tiñan liña e que internet non lles funcionaba.
Serían as meigas, que estarian gastándolle unha trasnada a Feijoo.

Tags: administración, xunta, funcionario

Publicado por penadopico @ 7:44
Comentarios (0)  | Enviar