Domingo, 27 de Decembro de 2009

 

Grazas a “Siareiros Galegos”, a selección galega  de fútbol  xogou o correspondente partido que como viña  sendo habitual nos últimos anos acontecía por estas datas.

Pero o señorito Feijoo e toda a súa “trouppe” negáronse a  colaborar para organizar este evento, claro  ó señorito Feijoo e compañía as iniciativas galegas interésanlle pouco, se fose a selección española seguro que  estarían en primeira liña regalando diñeiro a destro e sinistro, pero para que xogue unha selección galega para iso non teñen cartos. Iso que xoga a selección catalana, a vasca, a andaluza, etc. etc.

Si teñen cartos para irse de viaxe polas Américas, para renovar a decoración dos despachiños dos altos cargos,  para facer obriñas innecesarias, para  pagarse dietas,  para seguir pagando o  plus de altos cargos, para pagar soldos millonarios os conselleiros da telegaita, para iso si, para a selección non.

Galicia ten alma, Galicia ten espírito, Galicia é algo mais  que o folclore da gaita que eles montan no Obradoiro.  Galicia un dia volverá a  falar e tal como lles deu a maioría absoluta tamén lle la ha de quitar.

Grazas “Siareiros Galegos”, grazas a todos aqueles que  colaboraron na celebración deste evento deportivo e grazas a todolos que asistiron ó partido, Galicia vale isto e moito mais.


Tags: siareiros, galegos, futbol, selección

Publicado por penadopico @ 19:44  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios