Martes, 22 de Decembro de 2009

O mesmo día que o PP aproba o Código Ético de Boas Prácticas, para os seus afiliados e traballadores, elíxese alcalde de Arrecife a un concelleiro do PP co voto de dous edís imputados por presunta corrupción urbanística  e administrativa.  Dita trama corrupta  afecta o Cabildo insular e ós  concellos  de Arrecife, Yaiz y Tinajo, así como a Cámara  de Comercio.

Estas son as contradicións do PP, de cara a galería vende o  seu código ético, e por outra banda pacta cos corruptos.

O máximo responsable deste Comité é o ex conselleiro e ministro do PP Romay Becaria, home do OPUS e mentor do presidente da Xunta.

Home, o código ético boa falta lle facía, o caso e que se leve a termo e mais dificil.  Todos sabemos que o chegar estas datas as procesións de xente cargada  con agasallos que desfilaba polos despachos e polas casas particulares dos  altos cargos, era todo un espectáculo: cestas, caixas... un goteo continuo.

Pero, acaso isto deixarase de producirse?, Non  o  creo,  o mundo empresarial, o mundo da construción ten como norma, o chegar estas datas, agasallar a aqueles que lles fan  favores durante todo o ano, eu penso que esta  costume non a van a perder, aínda que boa falta facía.

Na época das vacas gordas da construción, ata os simples  postos base de  determinados departamentos recibían agasallos de 60 €, así que ... imaxínense o que lles podía   caer os xefes!


Tags: ético, código, corrupción, agasallo, corrupto

Publicado por penadopico @ 7:30  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios