M?rcoles, 25 de Novembro de 2009

Por fin parece que para o PP o BNG perdeu os cornos e o  rabo. O pleno do Parlamento aprobou por unanimidade  a proposición de Lei presentada polo deputado nacionalista Fernando Branco  para reformar a Lei de caixas de aforro de Galicia.

O apoio do PP a proposición do BNG causou sorpresa xa que inicialmente o portavoz do PP quixo eliminar esta iniciativa da orde do dia da  xunta de portavoces.

Algo estraño debe pasar, será a presa que teñen no tema dafusión de Caixa Galicia (onde ten maioría o PP) e Caixanova (onde domina o PSOE), aínda que o mellor queren dar unha de cal e outra de area; para que se o  presidente non consegue a fusión entregarlle Caixa Galicia a Esperanciña  Aguirre (Caja Madrid) e ter contento ou entretido o BNG por aprobarlle unha  proposta súa.

En breve teremos a resposta...


Tags: parlamento, galicia, BNG, lei, caixas, proposición

Publicado por penadopico @ 7:14  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Xoves, 19 de Novembro de 2009

Unha de cal e outra de area, vexamos: nunha sentenza do Supremo dita sentenza por unha denuncia dunha familia do colexio 'Los Sauces' de Vigo que pretendía que o seu fillo estudase todo en  castelán, petición que denegou a administración autonómica.

O Tribunal Supremo di: “"Toda persoa dependente da xurisdición dun Estado o dereito a ser instruído na lingua  da súa elección conduciría a resultados absurdos, xa que todos poderían reivindicar así unha instrución impartida en calquera lingua, en calquera dos territorios", argumenta o xuíz.

Por outra banda un xulgado de Alcorcón négalle a unha nai trasladarse a Vigo cas súas fillas  polo “desarraigo que se estende ao seu ámbito escolar, pois  as menores estiveron escolarizadas desde hai moitos anos no Colexio Amanecer,  de Alcorcón, para agora verse escolarizadas en Centros Públicos, en Vigo, con inmersión nun sistema escolar en lingua galega, unha lingua distinta á que  foron escolarizadas até o de agora, que máis alá do ámbito de aquela Comunidade  Autónoma, non se aprecia que teña ningunha outra utilidade práctica”.

Eu pregunto, ditaría a mesma sentenza  este xuíz de Alcorcon se a nai e as fillas se trasladaran a vivir a Londres ou a Paris? Este xuiz non debeu estudar xeografía e non sabe que existe: Portugal, Brasil, Monzambique, Angola, Guinea, Azores...

Polo que atinxe a sentenza do Supremo, di que o plan de estudos establéceo o Estado e non os pais, polo tanto na  Galicia non son os pais os que teñen que dicir se os fillos estudan todo en  galego ou todo en castelán, senón que é a administración a encargada de  establecelo. Polo tanto o señor Feijoo deberá tomar nota e esquencerse dos seus amigos de galicia monolingüe.


Tags: galego, supremo, xuiz, lingua, galicia, idioma

Publicado por penadopico @ 7:46  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Martes, 17 de Novembro de 2009

O presidente da Xunta de Galicia acaba de avanzar que vai aprobar a  Lei de comunicación audiovisual para adaptar o marco normativo galego ás modificacións das normas estatal e europea; e a  reforma da Lei de creación da CRTVG para garantir o protagonismo do Parlamento no nomeamento do director xeral.

Espero  que esta modificación supoña que o director da CRTG, así como o director/a da  televisión e da radio sexa unha persoa independente e que estes medios sexan neutrais e  non beneficien sistematicamente o goberno.

Non pagamos tódolos galegos estes servizos públicos?, pois entón temos todos os mesmos dereitos de información.

Entón non se faría o que fixo a directora da televisión de Galicia (coñecida como a telegaita), a un dos cámaras que acompañaba o presidente sustituíuno por ser membro do sindicato CC.OO. O interesado puxo a correspondente demanda no xulgado e o xuíz deulle a razón.

É moito a parcialidade deste goberno, que se rebaixen a mover a un simple cámara de televisión  é  de vergonza, pero se ve que a señora directora nin  a ten, nin  sabe o que é iso.


Tags: crtvg, galicia, audiovisual, radio, televisión

Publicado por penadopico @ 7:39  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Venres, 13 de Novembro de 2009

Como todo o mundo sabe o bipartito gobernou en Galicia durante uns tres anos e medio, nese tempo moitos dos funcionarios destinados en prazas de “libre designación”,  foron cesados e substituídos por outros, dado que son persoas de confianza que  poden ser cesadas libremente en calquera momento.

Nun  destes postos atopábase a muller dun  deputado e concelleiro do PP, que foi cesada. Motivo, vexamos: chegar a oficina unha hora mais tarde da hora de entrada, non realizaro traballo que lle correspondia facer ...

O  PP gañou as eleccións e dita funcionaria foi reposta, polo seu partido,  na praza na que fora cesada. Un día un compañeiro o que lle encomendaron un traballo que realizaba esta funcionaria no tempo que  estivo cesada, foille preguntar como se facía ese traballo, e saben vostedes  que lle contestou: “...si eso lo hacía yo, pero ya me olvide de como se hacía”.

Señores  e señoras se este é a aptitude e o interese que demostran pola administración  os que estan  gobernando, que podemos esperar desta administración e dos dirixentes do PP?


Tags: administración, galicia, funcionaria, deputado, concelleiro

Publicado por penadopico @ 7:42  | funci?n p?blica
Comentarios (0)  | Enviar
M?rcoles, 11 de Novembro de 2009

O diario El Progreso do domingo, fai unha descrición do probable candidato do PP a alcaldía de Lugo, o concelleiro e deputado JaimeCastiñeira. Eu diría o eterno candidato: candidato a conselleiro, despois a director xeral, logo a delegado e finalmente so quedou en portavoz da comisiónde vivenda do Parlamento.

Lendo o artigo, vexo que moitas veces do que sae na prensa a realidade hai un treito.  Di que estudou grazas as becas, si grazas as becas, e a uns profesores que se interesaron por  el, que lle axudaron desde cubrirlle as solicitudes das becas ata buscarlle o centro que mais lle podía interesar e incluso dándolle traballo nas vacacións, etc, etc. Pero claro agora diso nin se recorda, agora so esta aí pola súa valía persoal, ja… ja… ja…

Mirémolo friamente, quizá ten mais que agradecerlle a estes profesores que os propios pais, e se é o que é, e esta onde esta é grazas a  axuda cós profesores lle prestaron no seu momento, pero o mellor nin as grazas  lles deu.

Di o refrán señor Castiñeira "De ben nacidos é ser  agradecidos", éo vostede?

 


Tags: alcalde, concelleiro, candidato, lugo, PPG

Publicado por penadopico @ 7:38  | politica
Comentarios (1)  | Enviar
Xoves, 05 de Novembro de 2009

En Lugo teñen unha xuíza, moi traballadora é a Garzón de Lugo, tanto investiga as irregularidades na tramitación de  multas da Xefatura Provincial de Tráfico, como detén o alcalde e  concelleiros de Castro de Rei  e a unha das vicepresidentas da Deputación, así como un funcionario desta.

Dáme a risa, todos sabemos que hai alcaldes deses que levan 15, 20 anos nos cargos e fixeron e fan toda clase de trasnadas e a eses ninguén  os detén, nin ninguén os investiga e a uns novatos que chegaron hai dous días o cargo xa foron detidos; que roubaron? canto prevaricaron?

A min gustaríame dicirlle a señora xuíza que investigue por outros lares  que seguro que aí si que hai moito que limpar, se se atreve, claro.

Tags: xuiza, lugo, detención, concellal, prevaricar

Publicado por penadopico @ 7:54  | politica
Comentarios (0)  | Enviar